Poeta Avelino Díaz
AC "Avelino Díaz"
  • Inicio
    • Axenda
  • Avelino Díaz
    • A vida
    • A obra >
      • Debezos
      • Pallaregas
      • Flor de retama
      • 11 poemas a Castelao
      • 14 poemas
      • Obra dispersa
      • Avelino xornalista
      • Obra sobre Avelino
  • Áreas de actuación
    • Área educativa e cultural
    • Música e imaxe
    • Accións académicas
    • Accións institucionais
    • Dinámica asociativa
    • Área arquitectónica e artística
  • Mediateca
  • Quen somos
    • Asociación Cultural 'Avelino Díaz'
    • Actividade interna >
      • Convocatoria de reunións
      • Actas

A obra

10/28/2014

0 Comments

 
Ademais da súa inxente produción xornalística e de incursións ocasionais noutros xéneros, cos datos recompilados ata o momento, pódese afirmar que a monumental obra poética de Avelino Díaz comprende –aproximadamente– 1.178 poemas, dos cales –tamén aproximadamente– 851 permanecen inéditos ou pendentes de localizar.
 
A produción de Avelino Díaz esténdese ao longo de corenta e tres anos da súa vida. O primeiro texto localizado na prensa pola profesora Marivel Freire é un poema en castelán de finais de 1926, e o primeiro en galego dátase medio ano despois. O derradeiro en saír, en galego, foi o "Limiar" da obra de A. Gayoso Frías, Namoros e regueifas, en febreiro de 1970. Avelino comezou escribindo en castelán e rematou facéndoo en galego, consonte –talvez– coa súa evolución ideolóxica e coa evolución da súa propia formación.

Avelino Díaz deixou publicadas tres obras: Debezos e Pallaregas, en galego, e Flor de retama, en castelán. Coincidindo co vinte e cinco cabodano do seu pasamento, o Centro Lucense de Bos Aires publicou 11 poemas a Castelao, que Avelino deixara dedicados a el.

Paralelamente, Avelino desenvolveu unha intensa actividade xornalística en periódicos como Galicia, A Nosa Terra, ou revistas como A Fouce, Compostela, Betanzos…, desempeñando, mesmo, cargos institucionais nalgúns destes medios. É evidente que esta parte da súa obra está pendente dunha investigación profunda e rigorosa que contribúa a unha interpretación da figura de Avelino dun xeito global.

​En síntese, a obra de Avelino da que existe algunha constancia estaría formada por uns 1.178 poemas, 193 artigos de prensa, 25 conferencias, obras de teatro, traducións ao/do castelán, portugués e italiano, recensións de libros... 

0 Comments

    Sitio web de 3D1T0R4 Editora 
    (publicacións sobre Avelino Díaz)​

    Acceso

    Avelino Díaz na Wikipedia

    Acceso

    Imagen
Powered by Create your own unique website with customizable templates.