Poeta Avelino Díaz
AC "Avelino Díaz"
  • Inicio
    • Axenda
  • Avelino Díaz
    • A vida
    • A obra >
      • Debezos
      • Pallaregas
      • Flor de retama
      • 11 poemas a Castelao
      • 14 poemas
      • Obra dispersa
      • Avelino xornalista
      • Obra sobre Avelino
  • Áreas de actuación
    • Área educativa e cultural
    • Música e imaxe
    • Accións académicas
    • Accións institucionais
    • Dinámica asociativa
    • Área arquitectónica e artística
  • Mediateca
  • Quen somos
    • Asociación Cultural 'Avelino Díaz'
    • Actividade interna >
      • Xunta Directiva (2024-2026)
      • Convocatoria de reunións
      • Actas

Flor de retama

10/29/2014

0 Comentários

 
FLOR DE RETAMA é unha colección de cincuenta e oito poemas, escritos en castelán e publicados en 1947, ao mesmo tempo que Debezos. Dedica Avelino este libro “ó cariño da súa nai, ó amor da súa muller e dos seus fillos”. Nos primeiros poemas, o autor íspese ante o lector, lembrando a súa humilde orixe e presentándose como un home sinxelo, feliz de vivir no anonimato e de poder escribir para expresar as súas vivencias e sentimentos sen esperar ningunha gloria nin recompensa.

O cariño a súa nai, o amor da súa muller e dos seus fillos son a temática dun segundo grupo de poemas, nos que se percibe o gusto pola sinxeleza e unha serena paz familiar.

Son de destacar tamén nesta obra un conxunto de poemas de tema relixioso, que fan pensar que foi Avelino un home de fonda relixiosidade. Mención especial merece neste poemario, o mesmo que en toda a súa obra, a probada arte versificadora de Avelino Díaz, amosando un gran dominio do hendecasílabo, do soneto e de diferentes estrofas.

0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    Dedicatoria

    dedicatoria_flor_de_retama.png
    File Size: 110 kb
    File Type: png
    Descarregar ficheiro


    "Un bel morir..."

    (Fragmento)
    un_bel_morir....png
    File Size: 52 kb
    File Type: png
    Descarregar ficheiro

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.