Poeta Avelino Díaz
AC "Avelino Díaz"
  • Inicio
    • Axenda
  • Avelino Díaz
    • A vida
    • A obra >
      • Debezos
      • Pallaregas
      • Flor de retama
      • 11 poemas a Castelao
      • 14 poemas
      • Obra dispersa
      • Avelino xornalista
      • Obra sobre Avelino
  • Áreas de actuación
    • Área educativa e cultural
    • Música e imaxe
    • Accións académicas
    • Accións institucionais
    • Dinámica asociativa
    • Área arquitectónica e artística
  • Mediateca
  • Quen somos
    • Asociación Cultural 'Avelino Díaz'
    • Actividade interna >
      • Convocatoria de reunións
      • Actas



VI Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"

Presentación de traballos ata o 17 de maio de 2023

Picture

Un Día das Letras para Avelino Díaz

A Asociación Cultural "Avelino Díaz" pretende poñer en valor a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz, nacido en Santa Comba da Órrea - Riotorto, pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira. O "Poeta de Meira" emigrou sendo adolescente a Buenos Aires, onde desenvolveu un intensa actividade xornalística e literaria. Nunca regresou á Terra, e precisamente por iso a súa obra é, se cadra, máis coñecida en América que en Galicia. A pesar diso, trátase dunha obra de calidade que sen dúbida merece unha investigación demorada, sobre todo se temos en conta que, á marxe dos seus catro volumes publicados, uns 850 poemas están pendentes de localización. Precisamente por iso, para que a súa obra poida ser localizada e investigada, a Asociación Cultural "Avelino Díaz", formada por un importante número de colectivos de toda índole dos concellos de Riotorto e Meira, ademais de por persoas particulares, pretendía conseguir para el o Día das Letras de 2017, cando cumpriría 120 anos. Dado que iso non foi posible, a candidatura de Avelino será presentada de novo para un Día das Letras.
Powered by Create your own unique website with customizable templates.