Presentación do libro de Suso López "Non aparecen bicis"
Meira, 21 de setembro de 2024
O Centro, 20.30 h.
O Concello de Meira e a Asociación Cultural Avelino Díaz participan na presentación do libro de poemas "Non aparecen bicis", do que é autor o meirego Suso López.
Datos da presentación.- Sábado, 21 de setembro 20.30 h. O Centro (antigo Bar Centro) - Meira Participarán no evento, ademais do autor, Yoani Jartín e o grupo musical Voladura. Todos os datos, ao clicar no cartel da esquerda. |
X Roteiro "Avelino Díaz"
A Órrea - Meira, 31 de agosto e 1 de setembro de 2024
A AC Avelino Díaz organiza unha vez máis o seu tradicional roteiro, que une a casa natal de Avelino, na Órrea, coa casa onde viviu ata que emigrou para a Arxentina, na Pena.
A décima edición do Roteiro Avelino Díaz comezará o sábado, día 31 de agosto, ás 20.00 h., coa actuación na Praza Maior de Meira do grupo de música tradicional Arrincadeira Folk, de Lugo. Ese mesmo día, ás 22.00 h., na Taberna da Louseira (A Serra de Meira) celebrarase unha cea reivindicativa sobre a figura de Avelino. Xa o domingo, a partir das 10.30 h., desde a casa natal de Avelino no lugar da Travesa, na Órrea, partirá a andaina que levará os participantes ata a casa onde viviu na Pena, en Meira. A actividade rematará no Parque Río Barxa. No transcurso do roteiro, á altura do lugar do Val da Cal, será inaugurado un novo chanto do escultor ribeirego-meirego Manolo Pardo. Todos os detalles, entre eles a petición de inscrición previa, pódense atopar clicando no cartel. |
Concerto d'A Quenlla. Presentación de "Na lírica emoción"
Meira, 23 de agosto de 2024
Igrexa monasterial, 20.30 h.
Presentación do concerto d'A Quenlla
Lugo, 12 de agosto de 2024
Deputación Provincial, 19.00 h.
Celebración do Día das Letras
Meira, 17 de maio de 2024
Pavillón Polideportivo, 13.30 h.
A Asociación Cultural “Avelino Díaz” invita todos os veciños e veciñas de Avelino a participar no acto conmemorativo do Día das Letras - 2024. Terá lugar no Pavillón Polideportivo de Meira o venres, 17 de maio, ás 13.30 h., e nel participará unha representación importante da veciñanza recitando poemas do noso autor e de Luísa Villalta, escritora á que se lle dedica o Día deste ano. Haberá, tamén, música.
|
Inauguración da sinalización das aulas
CEIP "Poeta Avelino Díaz"
Meira, 15 de maio de 2024, 11.15 h.
O mércores, día 15 de maio, ás 11.15 h., o CEIP “Poeta Avelino Díaz” de Meira inaugura a nova sinalización das súas aulas, con estrofas de poemas de Avelino. En cada corredor componse un poema a partir das estrofas que identifican cada aula.
Por outra parte, a aula de Música e a Biblioteca do centro aparecen identificadas con estrofas alusivas, respectivamente, á súa función específica. En conxunto, e en concreto, trátase dos poemas “Meira”, “Miño”, “A festa de Meira”, “A nosa fala”, “Canzón pr-ó sono d-un neno” e “Eiquí tedes”. |
15ª Feira da artesanía do ferro de Riotorto
21 de abril de 2024
X Aniversario da A.C. Avelino Díaz
Día da Poesía 2024
23 de marzo de 2024
A Asociación Cultural Avelino Díaz organiza un acto coincidindo co "Día da Poesía 2024". Terá lugar na Casa do Concello de Meira e constará dunha programación estritamente literaria e doutra gastronómica, e de aí que se convoque so o título "Cata literaria".
O acto é o primeiro da celebración do X Aniversario da Asociación. Para a descrición detallada dos actos, clica no cartel da esquerda ou aquí. |
VII Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"
Convocatoria
Remate do prazo: 17 de maio de 2024
Os concellos de Meira e Riotorto, coa colaboración da A.C. "Avelino Díaz", convocan o VII Certame de debuxo e poesía dedicado ao noso poeta.
Pode accederse ao cartel, en formato de impresión, clicando na imaxe da esquerda. Pode accederse ás Bases do Certame clicando aquí. O prazo para a presentación de traballos remata o día 17 de maio de 2024. |
Presentación de "Na lírica emoción"
Meira, 23 de decembro de 2023
Casa da Cultura
20.30 h.
O sábado, 23 de decembro de 2023, terá lugar a presentación do disco "Na lírica emoción", que o grupo A Quenlla creou con 12 poemas de Avelino (un dos temas é interpretado, realmente, polo grupo Ith).
Será na Casa da Cultura, a partir das 20.30 h., coa presentación a cargo do alumnado do IES Pedregal de Irimia, e coa presenza de Paloma Suanzes e Tania Capón, integrantes do grupo A Quenlla. Toda a información clicando no cartel da esquerda. |
Conferencia sobre Francisco Fernández de Riego
Xosé López González
As Rodrigas, 2 de decembro de 2023
18.30 h.
Dentro dos actos sobre o 126 aniversario de Avelino Díaz, está programada unha conferencia de Xosé López González, amigo e estudoso de Fernández del Riego, baixo o título "Don Paco, un home da casa, un home da causa", no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto. Sábado, 2 de decembro, ás 18.30 h.
O acto será presentado polo profesor Toño Vidueiro, de Santa Marta de Meilán, e será pechado pola Coral de Riotorto. Máis información clicando na imaxe ou aquí. |
126 aniversario da Avelino
Novembro-decembro, 2023
126 ANIVERSARIO DE AVELINO DÍAZ
Durante os meses de novembro e decembro conmemorarase o 126 aniversario de Avelino, fundamentalmente con tres actos: - A presentación, en primicia, do disco "Na lírica emoción", que o grupo A Quenlla creou con 12 poemas de Avelino (un dos temas é interpretado, realmente, polo grupo Ith), no local social da Órrea. Venres, 17 de novembro, ás 20.00 h. - Unha polavila no casco urbano das Rodrigas, en Riotorto, con actuacións musicais e outras actividades. Sábado, 18 de novembro, a partir das 16.00 h. - Unha conferencia de Xosé López González, amigo e estudoso de Fernández del Riego, baixo o título "Don Paco, un home da casa, un home da causa", no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto. Sábado, 2 de decembro, ás 18.30 h. A programación completa pode consultarse clicando no cartel da esquerda ou aquí. |
VI Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"
Entrega de premios
Riotorto, 16 de xuño de 2023
Centro Sociocultural "Avelino Díaz", 19.00 h.
Os premios da sexta edición do Certame, convocado polos concellos de Riotorto e de Meira coa colaboración da AC "Avelino Díaz", celebrarase o venres, 16 de xuño, a partir das 19.00 h., no Centro Sociocultural "Avelino Díaz" das Rodrigas - Riotorto.
Máis información sobre o evento clicando no cartel ou aquí. |
1ª Andaina con Avelino
CEIP "Poeta Avelino Díaz" - Meira
21 de xuño de 2023
A 1ª "Andaina con Avelino", que organiza o CEIP "Poeta Avelino Díaz" de Meira, percorrerá o roteiro que leva, precisamente, o nome de "Andainas con Avelino" e que foi deseñado nos arredores de Meira pensando nas excursións de escolares.
A actividade conta co apoio da Oficina de Turismo de Meira e está reservada á comunidade educativa do centro. Ademais da "Andaina" propiamente dita, haberá diferentes actividades que se poden consultar clicando na imaxe ou aquí. |
II Carreira solidaria: Unhas Letras para Avelino
IES Pedregal de Irimia - Meira
21 de xuño de 2023
Trátase dunha carreira, organizada por segundo ano consecutivo, que ten unha finalidade solidaria (recoller alimentos) pero tamén reivindicativa sobre a figura de Avelino.
A carreira está reservada á comunidade educativa do centro. Poden consultarse as características da convocatoria clicando na imaxe ou aquí. |
Celebración do Día das Letras
Meira, 17 de maio de 2023
Praza Maior, 13.30 h.
Para celebrar o Día das Letras e para reivindicar, unha vez máis, un ano dedicado a Avelino, a AC Avelino Díaz convoca un acto na Praza Maior de Meira o día 17 de maio ás 13.30 h.
Máis información clicando na imaxe ou aquí. |
Visita de Alfredo Díaz, neto de Avelino
13 de maio de 2023
Alfredo, fillo á súa vez de Alfredo Díaz, un dos catro fillos de Avelino, visitou este sábado, 13 de maio, A Órrea e Meira, interesándose polas actividades da Asociación Cultural "Avelino Díaz". Fíxoo en compañía da súa esposa Fabiana. Foron recibidos por integrantes da Asociación e polos alcaldes, respectivamente, de Riotorto e de Meira. Máis información aquí.
|
Día Mundial da Poesía
21 de marzo de 2023
A Asociación Cultural "Avelino Díaz" celebra o Día Mundial da Poesía cun vídeo no que unha chea de persoas que colaboran coa Asociación ao longo do ano se unen para recitar Avelino. Graciñas a todos eles, a todas elas. Podes ver o vídeo clicando na imaxe da esquerda ou aquí.
|
VI Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"
Convocatoria
Remate do prazo: 17 de maio de 2023
Os concellos de Meira e Riotorto, coa colaboración da A.C. "Avelino Díaz", convocan o VI Certame de debuxo e poesía dedicado ao noso poeta.
Pode accederse ao cartel, en formato de impresión, clicando na imaxe da esquerda. Pode accederse ás Bases do Certame clicando aquí. O prazo para a presentación de traballos remata o día 17 de maio de 2023. |
CONFERENCIA DE CÉSAR CAMOIRA VEGA. 125 Aniversario de Avelino Díaz
Sábado, 10 de decembro de 2022 Salón de Plenos do Concello de Meira 12.00 h. A AC “Avelino Díaz” recorda que este sábado, 10 de decembro, ás 12.00 h da mañá, no Salón de Plenos do Concello de Meira, organiza o último acto conmemorativo do 125 aniversario de Avelino. Será unha charla-coloquio titulada “COMO INTERPRETAR AVELINO DÍAZ”, impartida polo profesor e editor literario CÉSAR CAMOIRA VEGA. O acto será presentado por Laura Alonso Carracedo, deseñadora de Espasande de Baixo, e nel intervirán de xeito directo oito persoas da comarca. |
125 ANIVERSARIO DE AVELINO DÍAZ
Durante os meses de novembro e decembro conmemorarase o 125 aniversario de Avelino, fundamentalmente con tres actos: - A presentación na Deputación de Lugo de dúas publicacións sobre Avelino e do programa completo da conmemoración. Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h. - Unha polavila no Cabanón da feira de Meira, con actuacións musicais e outras actividades. Sábado, 3 de decembro, a partir das 16.30 h. - Unha conferencia de César Camoira Vega no Salón de Plenos do Concello de Meira sobre a obra do noso autor. Sábado, 10 de decembro, ás 12.00 h. A programación completa pode consultarse clicando no cartel da esquerda ou aquí. |
125 ANIVERSARIO DE AVELINO. Polavila Avelino Díaz
Dentro dos actos conmemorativos do 125 aniversario de Avelino, o sábado, 3 de decembro, celebrarase unha Polavila, con actuacións musicais e outras actividades. A Polavila será pechada polo grupo A Quenlla, cun concerto ás 23.00 h. no Cabanón da feira de Meira. O programa completo pode consultarse clicando no imaxe da esquerda ou aquí. |
VIII Roteiro Avelino Díaz
3 e 4 de setembro de 2022
A AC Avelino Díaz intenta recuperar neste ano 2022 a realización plena do seu tradicional roteiro, que une a casa natal de Avelino, na Órrea, coa casa onde viviu ata que emigrou para a Arxentina, na Pena.
A oitava edición do Roteiro Avelino Díaz comezará o sábado, día 3, ás 20.00 h., coa actuación na Praza Maior de Meira do grupo de música tradicional Leña verde, de Pol. Ese mesmo día, ás 22.00 h., no Restaurante "O Muíño" celebrarase unha cea reivindicativa sobre a figura de Avelino. Xa o domingo, a partir das 10.30 h., desde a casa natal de Avelino no lugar da Travesa, na Órrea, partirá a andaina que levará os participantes ata a casa onde viviu na Pena, en Meira. A actividade rematará no Parque Río Barxa. Todos os detalles, entre eles a petición de inscrición previa, pódense atopar clicando no cartel. |
Inauguración da ruta "Andainas con Avelino Díaz"
Meira, 21 de agosto de 2022
O domingo, 21 de agosto, a partir das 16.30 h. e con saída desde a Praza Maior de Meira, terá lugar o percorrido inaugural do Roteiro "Andainas con Avelino Díaz", cunha distancia de 3 km, aproximadamente, e pensado para que as visitas escolares que se achegan a Meira poidan realizalo.
Durante este percorrido inicial haberá lectura de poemas e outras actividades pensadas, sobre todo, para o público infantil. |
V Certame "Avelino Díaz"
Entrega de premios
Meira, 11 de xuño de 2022
O sábado, día 11 de xuño, ás 19.00 h., na Casa do Concello de Meira, terá lugar a entrega dos premios do V Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz convocado polos concellos de Riotorto e Meira.
A relación de traballos premiados pode consultarse aquí. |
Celebración do Día das Letras
Meira, 17 de maio de 2022
Praza Maior, 13.30 h.
Para celebrar o Día das Letras e para reivindicar, unha vez máis, un ano dedicado a Avelino, a AC Avelino Díaz convoca un acto na Praza Maior de Meira o día 17 de maio ás 13.30 h.
Máis información clicando na imaxe ou aquí. |
124 aniversario de Avelino (terceira actividade)
A Órrea, 2 de abril de 2022
17.00 h.
Dentro das actividades rotatorias que a Asociación organizou sobre o 124 aniversario de Avelino, o ciclo péchase cun acto na Órrea, no local social da parroquia, xusto a carón da casa natal de Avelino. No acto, coorganizado pola Asociación de Veciños e Veciñas, participará unha ducia de orreaos e orreás, ademais de representantes da AC Avelino Díaz.
Máis información clicando na imaxe ou aquí. |
Nova Xunta Directiva da AC Avelino Díaz (2022 - 2024)
25 de marzo de 2022
A Asociación Cultural "Avelino Díaz" aprácese en comunicar aos seus asociados e asociadas, así como ás entidades que colaboran nas súas actividades que, como produto do proceso asembleario iniciado o día 26 de febreiro pasado, conformouse unha nova Xunta Directiva da Asociación formada polas persoas que figuran no arquivo que se achega.
A nova Xunta Directiva comezará a súa actividade de maneira inmediata, e agarda seguir contando coa participación activa de toda a comarca na procura do recoñecemento que a obra e o legado de Avelino merecen. |
Certame fotográfico do IES Pedregal de Irimia sobre a figura de Avelino
Ata o 29 de marzo de 2022
O IES Pedregal de Irimia de Meira convoca o seu II Certame fotográfico, nesta ocasión centrado nos lugares que inspiraron a obra poética de Avelino Díaz ou que están relacionados coa súa biografía.
O prazo de presentación de traballos remata o 29 de marzo, cando se cumpre o 51 cabodano do autor. As bases poden consultarse clicando na imaxe da esquerda ou aquí. |
Asemblea anual da A.C. Avelino Díaz
26 febreiro de 2022
A Asemblea anual celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Meira o sábado, día 26 de febreiro, ás 17.00 h. en primeira convocatoria, e ás 17.30 h. en segunda.
Pódese acceder á convocatoria clicando aquí. |
124 anos do nacemento de Avelino
Conferencia de Bernardo Penabade
Riotorto, 15 de xaneiro de 2022
Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento de Avelino Díaz, celebrarase no Centro Sociocultural "Avelino Díaz" de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade, investigador da obra de Avelino, titulada "O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos", e coa actuación da Coral de Riotorto.
O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado, 15 de xaneiro, a partir das 17.00 h. Máis información clicando no cartel anunciador. |
124 anos do nacemento de Avelino
Conferencia de Inés Mosquera Calvo
Meira, 18 de decembro de 2021
Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento de Avelino Díaz, celebrarase no Centro Sociocultural de Meira un acto que contará coa conferencia de Inés Mosquera Calvo, estudosa da obra de Avelino, titulada "A faceta tradutora de Avelino Díaz", e coa actuación de Tango en xaneiro, un dos primeiros grupos que musicou letras do Poeta de Meira.
O evento, que será presentado por Silvia Basanta Camiño, educadora da Institución Libre de Enseñanza, terá lugar o sábdo, 18 de decembro, a partir das 17.00 h. Máis información clicando no cartel anunciador. |
IX Festa da afirmación e dignidade
Pedregal de Irima, 25 de setembro de 2021
O sábado, 25 de setembro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a IX Festa da afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.
Durante a xornada seranlles entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, a Ana Sastre e Xoán Xosé Fernández Abella. O programa da Festa pode consultarse clicando na imaxe do cartel. |
VII Roteiro Avelino Díaz
4 e 5 de setembro de 2021
A AC Avelino Díaz decidiu recuperar neste ano 2021 a realización do seu tradicional roteiro, que une a casa natal de Avelino, na Órrea, coa casa onde vivu ata que emigrou para a Arxentina, na Pena.
Será, con todo, unha edición especial porque non se celebrará o tradicional almorzo (xantar) que facía posible reunirnos arredor dunha mesa con Avelino, e coa revindicación da súa figura e da súa obra, no horizonte. E non se celebrará polas circunstancias sanitarias que aínda vivimos. A sétima edición do Roteiro Avelino Díaz comezará o sábado, día 4, ás 20.00 h., coa actuación na Praza do Concello de Meira do grupo de música tradicional Cántigas e frores. Xa o domingo, a partir das 11.00 h., desde a mesma Praza do Concello de Meira partirá a andaina que nos levará ata a casa natal de Avelino na Travesa, na Órrea. Todos os detalles, entre elas a petición de inscrición previa, podes atopalos no cartel. |
Actividades en colaboración coa Fundación Giner de los Ríos - Corporación de antigos alumnos/as e amigos/as da Institución Libre de Enseñanza
Xuño, 2021
A AC Avelino Díaz e a Fundación Giner de los Ríos - Corporación de antigos alumnos/as e amigos/as da Institución Libre de Enseñanza, organizan dúas actividades baixo o lema xenérico "Sendas de letras, palabras e libros. Talleres, paseos e lecturas".
O martes, día 22 de xuño, estrearase o Roteiro "Andainas con Avelino. Paseo, poemas e xogos familiares", nos arredores da vila de Meira, unha ruta pensada para excursións escolares de, aproximadamente, unha hora de duración. Nesta estrea participarán, observando as medidas sanitarias, un grupo de familias. Haberá lecturas de textos e reflexións sobre a vida e a obra de Avelino. Visitarase, entre outros lugares, a súa casa no lugar da Pena. Para asistir a esta actividade, que partirá da Praza Maior de Meira ás 17.00 h., é preciso anotarse previamente en [email protected] O xoves, día 24 de xuño, ás 19.00 h., o profesor de Lingua e Literatura do IES Perdouro de Burela, Bernardo Penabade, impartirá a conferencia "Diálogos poéticos con Avelino Díaz: unha voz da identidade galega en América". Será por streaming en https://youtu.be/aV_vpQy_xZs A programación completa das actividades pode consultarse aquí. |
IV Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"
Traballos premiados
18 de xuño de 2021
Hugo Campos Nogueira, de Riotorto; Ana Hernández Martínez, de Riotorto; Uxía Fernández Mazaira, de Lugo; e Beatriz López Dorado, de Lugo, son as persoas gañadoras, nas diferentes categorías, do IV Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz", convocado polos Concellos de Riotorto e Meira, coa colaboración da AC Avelino Díaz.
Ao Certame presentáronse un total de 230 traballos, chegados de toda Galicia, o cal pode cualificarse como un éxito tendo en conta os sucesivos aprazamentos a que foi sometida a convocatoria, derivados da situación sanitaria. A relación completa das persoas premiadas pode consultarse aquí. |
A AC "Avelino Díaz" nas VI Xornadas de Innovación Educativa Rural
Actividade en liña, 6 de abril de 2021
O proxecto innovador e dinamizador que levamos a cabo dende a nosa asociación nas comarcas de Meira e da Terra de Miranda estará presente, o vindeiro 6 de abril a partir das 18.30 h., nas VI Xornadas de Innovación Educativa Rural.
O programa completo das Xornadas, organizadas pola Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pode consultarse aquí. Para asistir por videoconferencia a esta actividade é preciso inscribirse na ligazón: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx... |
Estrea de "Nación", de Margarita Ledo Andión
Meira, 19 de decembro de 2020
O sábado, día 19 de decembro, presentarase a película "Nación", da cineasta chairega Margarita Ledo Andión. Trátase dun acto promovido pola Asociación Cultural "M de Meira", entidade integrada na AC "Avelino Díaz", e pola Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Sábado, 16 de decembro de 2020 Casa da Cultura de Meira As 18:00 - Presentación As 18:15 - Proxección e coloquio coa directora. Dadas as condicións sanitarias, ao acto só poderán asistir 50 persoas. É preciso facer a reserva no enderezo electrónico [email protected]. |
IV Xornadas da Terra de Miranda
A Pontenova, 30 e 31 de outubro de 2020
Os días 30 e 31 de outubro celebrarase na Pontenova, coa participación da AC Avelino Díaz, unha nova edición dos Encontros de debate sobre o medio rural, baixo o título “IV Xornadas, desconfinando a Terra de Miranda”.
O programa deste ano está centrado na atención sanitaria no rural e no papel das familias nesta situación tan especial que vivimos. Paralelamente, serán analizadas tamén outras cuestións como a sobreexplotación do solo (desde a perspectiva forestal, pero tamén desde a agrícola), ademais dalgúns aspectos concretos da realidade da Terra de Miranda. A actividade está recoñecida con 12 h. de formación pola Consellería de Educación. Non obstante, se non se desexa a certificación oficial, tamén é posible asistir, libremente, sen formalizar a matrícula. Toda a información sobre a inscrición e outras cuestións miúdas pode atoparse na páxina web de Nova Escola Galega, organizadora principal da actividade: www.neg.gal O programa pódese consultar clicando no cartel da esquerda. |
Presentación do libro de Ramón Rozadillas A pesar de todo, en Meira
Mércores, 7 de outubro de 2020
O meirego Ramón Rozadillas presentará o seu primeiro libro de poemas no Centro Sociocultural de Meira o mércores, 7 de outubro, ás 19,00 h.
O libro leva por título A pesar de todo, e consta de poemas escritos en diferentes etapas da vida do autor. Coincidindo co I Concerto de verán da Coral polifónica de Meira, hai apenas uns días que Ramón Rozadillas fixo público un poema, sen título, dedicado a Avelino Díaz cuns primeiros versos que din "Ninguén te canta, Serra ,// ninguen te loa, Miño...". |
I Concerto de verán da Coral Polifónica Airiños do Miño, de Meira
Sábado, 19 de setembro de 2020
A Coral Polifónica Airiños do Miño de Meira, entidade integrada na AC Avelino Díaz, celebrará o seu I Concerto de verán o sábado, 19 de setembro, ás 18.30 h., na igrexa parroquial de Meira.
No repertorio que interpretará, inclúese unha habanera composta a partir do coñecido poema "Río Miño", incluído no primeiro libro galego importante de poemas da posguerra: Debezos, de Avelino Díaz. A AC Avelino Díaz estará presente no acto para testemuñar o recoñecemento á Coral pola incorporación do tema ao seu repertorio. A iniciativa vén sumarse a outras versións musicadas de poemas de Avelino que están vendo a luz nestes tempos. |
Suspensión do Roteiro Avelino Díaz 2020
Por causa da situacíón sanitaria, o Roteiro Avelino Díaz 2020, que debería celebrarse na última fin de semana de agosto ou na primeira de setembro, quedou definitivamente suspendido. Se todo vai ben, o Roteiro volverá, co optimismo e aire festivo de sempre, no 2021.
Se queres acceder ao comunicado público divulgado pola Asociación Cultural Avelino Díaz, podes facelo aquí. |
Actividades culturais na comarca
Nadal 2019
122 aniversario do nacemento de Avelino Díaz
16 de novembro de 2019
A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o sábado, 16 de novembro de 2019 un programa de actividades que conmemorarán o 122 aniversario do nacemento de Avelino.
O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos lingüistas Bernardo Penabade e Antón Santamarina, sobre diferentes aspectos da obra poética e xornalística de Avelino Díaz. A actividade completarase cun recital poético de Teresa Ramiro e de Antom Laia, e coa intervención musical do Cuarteto de Saxofóns da Banda de Música de Meira. O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira. O programa completo pode consultarse clicando no cartel da esquerda. |
III Xornadas da Terra de Miranda
Riotorto, 25 e 26 de outubro de 2019
Organizadas por Nova Escola Galega, as Xornadas forman parte da serie de Encontros de debate sobre o medio rural e pretenden analizar a realidade da comarca da Terra de Miranda, nun transo histórico evidente de despoboamento pero vendo agromar, ao tempo, iniciativas novas de desenvolvemento.
Unha vintena de asociacións e colectivos de toda índole, entre os que se atopa a AC Avelino Díaz, colaboran no desenvolvemento da actividade. As Xornadas son abertas ao público e de asistencia libre. Só deben formalizar a súa matrícula as persoas que queiran que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lles recoñeza 12 horas de formación. Pódese acceder ao programa completo clicando na imaxe da esquerda. Toda a información na páxina web de Nova Escola Galega. |
VI Roteiro Avelino Díaz
1 de setembro de 2019
Entrega dos premios do III Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz
14 de xuño de 2019
O venres, día 14 de xuño, ás 19.30 h., na Casa do Concello de Meira, terá lugar a entrega dos premios do III Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz convocado polos concellos de Riotorto e Meira. A relación de traballos premiados pode consultarse aquí. |
Actividades culturais na comarca
Semana Santa 2019
Algunhas das actividades promovidas por colectivos e entidades integrados na AC Avelino Díaz son as que aparecen a continuación. Poden consultarse os programas en detalle clicando na imaxe da esquerda:
|
Non me deas diñeiro polo que che dou...
Publicados dous volumes de homenaxe a Avelino
21 de marzo de 2019
Con edición ao coidado de Benigno Fernández Salgado e de Tina Poethe, viron a luz dous volumes titulados, parafraseando o propio Avelino, Non me deas diñeiro polo que che dou. Tributo académico a Avelino Díaz (1897 - 1971). Un total de vinte investigadores/as analizan a vida e a obra do noso autor desde moi diferentes ópticas. O Volume I está dedicado á poesía e o Volume II ao xornalismo.
Clicando na imaxe ou aquí, accédese á páxina con estas e outras publicacións sobre Avelino de 3D1T0R4 Editora. |
13 Feira da artesanía do ferro de Riotorto
14 de abril de 2019
Actividades do entroiro na comarca
Marzo 2019
Promovidas polos concellos de Riotorto e Meira, ambos integrados na AC "Avelino Díaz".
Poden consultarse clicando aquí. |
Charla na Órrea sobre o éxodo rural
23 de febreiro de 2019
Organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na AC "Avelino Díaz", e impartida pola profesora da Universidade de Santiago Alba Díaz Geada, natural de Alfoz.
A charla leva por título "Por que quedamos tan poucos? A emigración e o despoboamento na Órrea e na Comarca". Sábado, 23 de febreiro. 17.00 h. Máis información clicando na imaxe. |
Actividades de Nadal de institucións e entidades integradas na AC "Avelino Díaz"
Nadal 2018
Clicando aquí pode accederse á programación de Nadal de diferentes institucións e entidades integradas na AC "Avelino Díaz".
No seu conxunto, as actividades que se desenvolverán dan idea da vitalidade da comarca. |
121 aniversario do nacemento de Avelino Díaz - Nadal cultural
8 de decembro de 2018
A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o día 8 de decembro de 2018 un programa de actividades que conmemorará o 121 aniversario do nacemento de Avelino.
O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos historiadores Miguel Anxo Seixas Seoane e Ramón Villares Paz, sobre aspectos da emigración e do exilio directamente relacionados con Avelino. A actividade completarase cun recital poético de Mª José Fernández e de Xesús Castro Yáñez, e coa intervención musical do solista mirandés-chairego David Rodríguez. O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira. O programa completo pode consultarse clicando no cartel da esquerda. |
Acto de recordo de Xosé da Flor
17 de novembro de 2018
Acto de recordo de Xosé Salgado Agrelo, Xosé da Flor, organizado pola Asociación Cultural M de Meira, entidade integrada na AC Avelino Díaz e da que o propio homenaxeado foi Presidente.
O acto leva por título "Rir como quen ten chorado moito", e será nos Cabanóns a partir das 18.30 h. O programa pode consultarse clicando na imaxe da esquerda. |
Festival musical en Riotorto
3 de novembro de 2018
Organizado pola Asociación de Amas de Casa Santa Isabel da Ilusión e coa colaboración do Concello de Riotorto -ambas entidades integradas na AC Avelino Díaz- o Festival terá lugar ás 19.00 h. no Centro Sociocultural "Avelino Díaz".
No acto intervirán a Escola de Música da Pontenova e o Coro de Riotorto, entidade esta última integrada na AC Avelino Díaz tamén. Pode consultarse o programa completo clicando na imaxe da esquerda. |
A volta dos segadores a Castela
27 e 28 de outubro de 2018
Organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea -entidade integrada na AC Avelino Díaz- terá lugar na fin de semana do 27 e 28 de outubro unha viaxe a diferentes lugares da provincia de Segovia nos cales os segadores da parroquia traballaron na sega durante décadas.
Na viaxe de volta a Castela participarán, ademais de veciños/as da parroquia e da comarca, os auténticos protagonistas, homes que se desprazaban á Meseta durante os veráns ata finais da década dos 60, e nela celebraranse diferentes actos, como a recepción oficial que lles ofrecerá o concello de Carbonero El Mayor. |
Magosto organizado por "M de Meira"
27 de outubro de 2018
Nova Xunta Directiva da A.C. Avelino Díaz
11 de outubro de 2018
A AC "Avelino Díaz", despois do proceso asembleario celebrado nas últimas semanas, renovou a súa Xunta Directiva. Federico Cachafeiro Lamas é o novo presidente e catro mulleres convértense en vicepresidentas, representando a diversas entidades. Elas son Azucena Gavin, do grupo de pandereteiras “Nove ferreñas”; Araceli Pillado, da Asociación de Veciños/as de Fomiñá; Tere Rielo, da Confraría Nosa Sra. do Pedregal e Ermitas Rodriguez Gomez, da Asociación Cultural “M de Meira”.
Paco Veiga deixa de ocupar a presidencia para ocuparse da secretaría mentres que Ana Jartín se encargará da tesourería. O resto da directiva fórmana dez vogais: Rosa Fernández Ramallal, da Asociación de Mulleres Rurais “Pobo de Miranda”; Manuel Pardo Lopez da Asociación de Amigos/as da Malla; Carlos Veiga García da Asociación de Veciños/as de Sta. Comba da Órrea; Ramón Fernández García, Manuel Freixo Sobrado, María García Jartín, Isabel Pin Díaz e Ana Veiga García. Tamén están representados os concellos de Meira e Riotorto con Agustín Méndez Moirón e Xosé Luís Lorido Carballeira, respectivamente. |
Asemblea anual da A.C. Avelino Díaz
22 setembro de 2018
A Asemblea anual celebrarase na Casa da Cultura de Meira o sábado, día 22 de setembro, ás 20.45 h. en primeira convocatoria, e ás 21.15 h. en segunda.
Pódese acceder á convocatoria clicando aquí |
Visita aos lugares da sega en Castela
Fin de semana do 27 de outubro de 2018
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea organiza unha viaxe aos arredores da cidade de Segovia para visitar os lugares aos que os segadores da parroquia se desprazaban durante o verán para as segas.
Será a fin de semana do 27 de outubro, pero o prazo para se inscribir remata o 30 de setembro. Todos os detalles, clicando na imaxe. O propio Avelino Díaz foi, no seu momento, segador en Castela. |
VI Festa da afirmación e dignidade
Meira, 22 de setembro de 2018
O sábado, 22 de setembro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a VI Festa de afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.
Durante a xornada serán entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, á memoria dos falecidos Xabier P. Docampo e Xosé da Flor. O programa da Festa pode consultarse clicando na imaxe do cartel. |
Obra de teatro promovida pola Asociación Cultural M de Meira
22 de setembro de 2018
Proxección de Dhogs na II Xornada da Terra de Miranda
8 de setembro de 2018
A produtora Gaitafilmes, entidade integrada na AC Avelino Díaz, contribuirá ao programa da II Xornada da Terra de Miranda coa participación nunha mesa redonda sobre as posibilidades do cine feito desde o rural.
O sábado, 8 de setembro, ás 21.00 h. e dentro do programa da Xornada, proxectarase a multipremiada Dhogs, nunha sesión aberta ao público. Máis detalles clicando na imaxe. |
II Xornada da Terra de Miranda
Meira, 7 e 8 de setembro de 2018
Organizada por Nova Escola Galega, pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea e pola AC Avelino Díaz, a Xornada (realmente, xornada e media) forma parte da serie de Encontros de debate sobre o medio rural e pretende analizar a realidade da comarca da Terra de Miranda, nun transo histórico evidente de despoboamento pero vendo agromar, ao tempo, iniciativas novas de desenvolvemento.
A Xornada é aberta ao público e de asistencia libre. Só deben formalizar a súa matrícula as persoas que queiran que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lles recoñeza 12 horas de formación. Pódese acceder ao programa completo (27 relatores/as) clicando na imaxe da esquerda. Toda a información na páxina web de Nova Escola Galega. |
V Roteiro Avelino Díaz
26 de agosto de 2018
Nova edición das Meirendas
25 de agosto de 2018
Nova directiva da Asociación Cultural
M de Meira
A Asociación Cultural M de Meira ten unha nova Xunta Directiva, presidida por Ermitas Rodríguez, integrante tamén da Xunta Directiva da AC Avelino Díaz.
Para coñecer os proxectos da Asociación pode ser útil a entrevista que El Progreso lle realizou á nova Presidenta, e que pode localizarse aquí. |
XXVII Festa da malla en Meira
19 de agosto de 2018
III Olimpíadas rurais de Meira
16 de agosto de 2018
Asemblea da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea
12 de agosto de 2016
I Carreira popular Vila de Meira
11 de agosto de 2018
Festa celta na Croa, en Riotorto
3 de agosto de 2018
Entrega dos premios do II Certame de debuxo e poesía
21 de xuño de 2018
O xoves, día 21 de xuño, ás 20.00 h., no Centro Sociocultural Avelino Díaz das Rodrigas - Riotorto, terá lugar a entrega dos premios do II Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz convocado polos concellos de Riotorto e Meira.
Ao Certame foron presentados máis de 300 traballos nas súas diferentes categorías. O xurado estivo formado polos escritores José Otero Canto e Jesús Trashorras Nogueira, e pola escritora mirandesa Mª José Fernández López. A relación de traballos premiados pode consultarse aquí. |
Presentada a candidatura de Avelino ao Día das Letras de 2019
21 de maio de 2018
O luns, 21 de maio de 2018, foi presentada na sede da Real Academia Galega diversa documentación solicitando a inclusión de Avelino Díaz como candidato ao Día das Letras de 2019.
A documentación entregada inclúe un dossié con 2.421 sinaturas de apoio á candidatura (os concellos de Meira e Riotorto teñen na actualidade, en conxunto, un total de 2.966 habitantes), un segundo dossié con 51 adhesións á iniciativa de empresas e entidades de Riotorto e Meira e, finalmente, unha carta persoal dirixida a cada persoa académica solicitándolle o seu apoio. A AC "Avelino Díaz" tomou hai meses a decisión de evitar os contactos persoais cos académicos/as para tratar de influír neles/as en calquera sentido. Como é sabido, para que determinado autor/a sexa candidato/a a un Día das Letras precisa ser proposto por tres académicos/as. A experiencia de dous anos realizando xestións dentro da Academia, fixo que a Asociación acordase prescindir dese tipo de contactos. Pódese acceder á carta dirixida ás persoas académicas clicando aquí. |
Concerto das Letras da Banda de Música de Meira
19 de maio de 2018
Exposición "A idade do ferro" en Lugo
16 de maio a 14 de xullo de 2018
A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, entidade integrada na AC "Avelino Díaz", é protagonista da exposición "A idade do ferro, unha tradición entre Galicia e Asturias" que, con fotografías de J.M. Salgado, se pode visitar do 16 de maio ao 14 de xullo na sede de Afundación (Praza Maior de Lugo), de luns a sábado, de 18.00 h. a 21.00 h.
Máis información clicando na imaxe. |
Xuntanza anual da Confraría Nosa Sra. do Pedregal
17 de maio de 2018
Estrea de Dhogs nas salas comerciais
17 de maio de 2018
A multipremiada longametraxe Dhogs, producida por Gaitafilmes, entidade integrada da AC "Avelino Díaz", pódese ver nas salas comerciais a partir do 17 de maio.
Podes consultar as salas onde se vai proxectar clicando aquí. |
Presentación dun libro sobre a sega en Castela na Órrea
13 de maio de 2018
O libro, publicado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na AC "Avelino Díaz", é unha homenaxe a todos os veciños deste parroquia que, durante séculos, foron segar a Castela. Entre eles atópase o propio Avelino Díaz.
Clicando no cartel da esquerda pódese acceder ao programa do acto. |
Cantos de taberna nas Rodrigas
12 de maio de 2018
Convocatoria aberta da A.C. Avelino Díaz
24 de febreiro de 2018
A Asociación Cultural Avelino Díaz convida a todos/as os seus socios/as e simpatizantes a unha reunión que se celebrará o sábado, 24 de febreiro, ás 20:00 h., na Casa da Cultura de Meira, co fin de darlle unha volta ao traballo desenvolto ata agora, e escoitar ideas e propostas novas para tratar de acadar un “Día das Letras para Avelino Díaz”.
Ao remate haberá unha chocolatada con larpeiradas da época. |
II Foliada en Meira
17 de febreiro de 2018
Xornadas forestais na Órrea
13, 20 e 27 de xaneiro de 2017
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na AC "Avelino Díaz" organiza unhas xornadas forestais que terán lugar no local parroquial (a carón da casa natal de Avelino) os sábados 13, 20 e 27 de xaneiro.
O programa pódese consultar clicando na imaxe da esquerda. A asistencia é libre. |
Nova edición de "M de cine" organizada por Gaitafilmes
30 de decembro de 2017
Gaitafilmes, entidade integrada na A.C. "Avelino Díaz" organiza unha nova sesión de "M de cine" o venres, 30 de decembro, a partir das 18.30 h., na Casa da Cultura de Meira.
As actividades inclúen a estrea, en Meira, da longametraxe Dhogs, despois do seu exitoso periplo por medio mundo. O programa completo pode ollarse clicando na imaxe da esquerda. |
120 aniversario do nacemento de Avelino Díaz - Nadal cultural
A Órrea, As Rodrigas, Meira - Nadal 2017
A Asociación Cultural Avelino Díaz e un bo número de entidades integradas nela, desenvolverán durante o mes de decembro de 2017 un programa de actividades que conmemorará o 120 aniversario do nacemento de Avelino.
O programa consta de actividades de toda índole, que se poden ver clicando aquí, e inclúen desde recitados ou proxeccións de documentais, ata eventos estritamente festivos. Os días 22 e 23 de decembro desenvolveranse na Órrea e en Meira, respectivamente, diferentes actos académicos que contarán coa presenza, entre outros, de Xosé López (Vicepresidente do Consello da Cultura Galega) ou de Xesús Alonso Montero (académico da Real Academia Galega, e ata hai pouco Presidente da mesma). No programa de actividades inclúese, igualmente, a presentación do volume 14 poemas, con edición crítica de Benigno Fernández Salgado, un conxunto de poemas que o autor lle enviara a Xosé Filgueira Valverde para seren publicados en Galicia. Os poemas están traducidos por diferentes especialistas ao francés, ao alemán, ao inglés e ao español. |
I Xornada da Terra de Miranda
A Pontenova, 25 de novembro
O sábado, día 25 de novembro, diferentes entidades integradas na AC "Avelino Díaz", atendendo a convocatoria realizada por unha delas (Nova Escola Galega), participan na Pontenova na I Xornada da Terra de Miranda. Nela será debatida a situación do medio rural galego pero, nomeadamente, o proceso de transformación dunha comarca non recoñecida oficialmente e cunha identidade plenamente definida, a Terra de Miranda. Na súa cabeceira central, no lugar da Travesa, na parroquia da Órrea, naceu precisamente Avelino Díaz.
A AC "Avelino Díaz" fai un chamamento á divulgación e a participación na actividade. Pode consultarse o programa clicando na imaxe da esquerda. |
14 poemas, nova publicación sobre Avelino
Outono, 2017
Acaba de saír do prelo un libro que recolle 14 poemas de Avelino Díaz que o noso autor lle enviara a Filgueira Valverde en marzo de 1936.
Trátase dunha edicion crítica, con traducións ao alemán, español, francés e inglés, deses 14 poemas, que ían ser incluídos na Escolma da lírica galega que proxectara o Seminario de Estudos Galegos para celebrar o centenario de Rosalía de Castro en 1937, un proxecto que a guerra civil botou por terra. A edición e o estudo crítico son responsabilidade do profesor Benigno Fernández Salgado. As traducións dos poemas foron obra de John Rutherford, Fina Penalta, Edmond Ferly e Tina Poethe. Máis información clicando na pestana "Avelino Díaz - A obra" deste mesmo sitio web. |
V Festa da afirmación e dignidade
Meira, 23 de setembro de 2017
O sábado, 23 de setembro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a V Festa de afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.
Durante a xornada seranlles entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, a Herminia Estoa e a Daniel López Muñoz. O programa da Festa pode consultarse clicando na imaxe do cartel. |
Ruta das fontes e dos regos, e almorzo veciñal na Órrea
10 de setembro de 2017
As dúas actividades están organizadas pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na A.C. "Avelino Díaz". O programa pode consultarse clicando na imaxe da esquerda. A ruta das fontes e dos regos pode localizarse aquí.
|
Festival de Bandas de Música "Vila de Meira" - 2017
9 de setembro de 2017
IV Roteiro Avelino Díaz
3 de setembro de 2017
O domingo, día 3 de setembro, celebrarase o IV Roteiro por Avelino, unha xornada que pretende xuntar unha vez máis, persoas de todas as procedencias, condicións e ideoloxías para divulgar a figura do noso poeta e reclamar para el un Día das Letras.
O roteiro partirá, ás 11.00 h. e por primeira vez, da Praza do Concello e da Igrexa de Meira, para percorrer os 9,5 km que os separan da casa natal de Avelino na Órrea, na ruta que sobe suavemente ata o alto dos Xuncás, fronteira natural entre a Terra Chá e a Terra de Miranda, para baixar despois polos montes de Candedo ata a ribeira do río Mourín, xa na Órrea. Nun punto específico do traxecto colocarase o terceiro chanto de homenaxe, da autoría do escultor e activista cultural Manolo Pardo. Será o terceiro dunha serie que se pretende continuar ano a ano. Pasarase tamén polo lugar da Pena, saíndo de Meira, onde Avelino viviu con súa mai. A xornada rematará no lugar da Eirexa, no campo da festa da Órrea, cun almorzo (xantar) popular no que haberá un pequeno acto literario e diferentes xogos tradicionais para todas as idades propostos pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Para participar no almorzo (xantar) é necesario retirar os tiques na Librería O Pedregal de Meira, ou na Taberna de Montse na Órrea. Pódese acceder ás imaxes do I Roteiro, celebrado en agosto de 2014, clicando aquí, ás do II Roteiro clicando aquí e ás do III Roteiro clicando aquí. Máis información sobre as características do Roteiro clicando aquí e sobre o programa de actos do día 3 de setembro clicando aquí. |
XXVI Festa da malla
Meira, 20 de agosto de 2016, todo o día
A Festa da malla vai xa pola súa vixésimo sexta edición, constituíndo un referente para toda Galicia. Considerada Festa de interese turístico nacional de Galicia, é organizada ano a ano pola Asociación de Amigos/as da Malla de Meira, entidade integrada na AC Avelino Díaz.
Máis información clicando na imaxe. |
Recoñecemento do Roteiro Avelino Díaz
15 de xullo de 2017
Integrantes da AC Avelino Díaz realizarán o sábado, 15 de xullo, un test sobre o estado e a sinalización do Roteiro. Será a partir de media mañá, partindo da Praza da Igrexa de Meira, seguindo o sentido máis doado da ruta. Paralelamente, o Roteiro será presentado á prensa e divulgado a través das redes sociais e por medio de cartelística.
Será, igualmente, incorporado en breve á base de datos dos roteiros literarios de Galicia do Consello da Cultura Galega. O roteiro pode localizarse aquí. |
Presentación literaria na Casa do Concello de Meira
6 de maio de 2017
O Concello de Meira, institución integrada na AC "Avelino Díaz", organiza este sábado, día 6 de maio, a partir das 12.30 h., no Salón de Plenos da Casa do Concello, a presentación do libro de Rocío López Núñez, Olvídate del cielo.
Toda a información do acto clicando na imaxe da esquerda. |
Entrega dos premios do I Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"
28 de abril de 2017
O acto de entrega dos premios do I Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz, convocado polos concellos de Riotorto e Meira co apoio da Asociación Cultural “Avelino Díaz”, terá lugar o venres, día 28 de abril.
O acto está aberto ao público en xeral. Data: Venres, 28 de abril de 2017. Hora: 20.00 h. Lugar: Casa do Concello de Meira (Lugo) (43°12'46.4"N 7°17'31.4”W) |
Estrea mundial de Dhogs en Buenos Aires
abril de 2017
A longametraxe Dhogs, un proxecto longamente madurado por Gaitafilmes, entidade integrada na AC Avelino Díaz, será estreada a finais de mes no Festival de Cine Independiente de Buenos Aires (vid. páxina 82 do programa do Festival).
Dhogs, protagonizada, entre outros, por Carlos Blanco, Antonio Durán «Morris», Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas, foi rodada en Viveiro, As Pontes e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería. Pola súa propia concepción e pola implicación colectiva no proxecto, Dhogs convertarase, con seguridade, nun modelo a seguir. Sorte. |
Semana Santa en Meira
abril de 2017
Vídeo-clip de Tango en Xan3iro sobre "Nai chorosa"
xaneiro de 2017
|
O trío Tango en Xan3iro acaba de estrear un videoclip cun tema musical baseado talvez nun dos poemas máis coñecidos de Avelino Díaz, "Nai chorosa".
Tango en Xan3iro está formado por Marisa Dapereira e Bruno Villamor, que imparten clase na Escola Municipal de Música de Meira, e por José Ramón Saborido, que é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. O trío colabora activamente nas actividades da AC Avelino Díaz. O videoclip pode localizarse aquí: https://www.youtube.com/watch?v=9oy3XbdX7J0 |
Teatro nas Rodrigas
18 de febreiro de 2017
Será, ás 22.00 h. no Centro Sociocultural Avelino Díaz. A Asociación Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz) poñerá en escena O caldeiro máxico.
A representación está organizada polo Concello de Riotorto, institución integrada na A.C. Avelino Díaz. Máis información clicando na imaxe da esquerda. |
I Foliada na vila de Meira
18 de febreiro de 2017
VIII Aberto de billarda Lacón de Meira
29 de xaneiro de 2017
O domingo, 29 de xaneiro, a partir das 15.00 h., celebrarase no Parque Río Barxa (no pavillón polideportivo, se chove) o VIII Aberto de billarda Lacón de Meira.
A competición está organizada pola Asociación Cultural M de Meira, entidade integrada na AC Avelino Díaz, e pola Liga Nacional de Billarda. Máis información clicando na imaxe da esquerda. |
VII Xornadas da Historia de Riotorto organizadas pola A.C. Arrincadeira
7 e 8 de xaneiro de 2017
Por sétimo ano consecutivo, a AC Arrincadeira, entidade integrada na AC Avelino Díaz, organiza as Xornadas da Historia de Riotorto, que terán lugar no Centro Sociocultural Avelino Díaz das Rodrigas e comezarán ás 7 da tarde os dous días.
O día 7, o Tesoureiro da AC Avelino Díaz, Carlos Veiga, pronunciará un relatorio sobre a emigración temporeira en Castela dos segadores mirandeses. Estará acompañado dun segador e dun ferreiro, que ofrecerán testemuños de primeira man sobre esta parte da nosa historia. O día 8, o historiador Xosé Ramón Ermida Meilán analizará a represión que se desenvolveu na Terra de Miranda, e particularmente no Val de Ferreiravella, unha vez que se produciu o golpe de estado de 1936. O programa pode ollarse clicando na imaxe da esquerda. |
Nova edición de "M de cine" organizada por Gaitafilmes
30 de decembro de 2016
Gaitafilmes, entidade integrada na A.C. "Avelino Díaz" organiza unha nova sesión de "M de cine" o venres, 30 de decembro, a partir das 21.30 h., na Casa da Cultura de Meira.
O programa, que incluirá un adianto da longametraxe Dhogs, pode ollarse clicando na imaxe da esquerda. |
Reapertura da sala das reliquias da Igrexa de Meira
3 de decembro de 2016
A sala, que acaba de ser restaurada, será inaugurada a partir das 11.00 h., nun acto que se desenvolverá no salón de plenos do Concello e na propia Igrexa. Haberá unha mesa redonda na que se explicarán os traballos realizados, e a continuación unha visita guiada.
Os actos están organizados polo Concello e pola Parroquial de Meira, ambas institucións integradas na A.C. "Avelino Díaz". Pódese acceder á información completa clicando na imaxe da esquerda. |
Festival do 10º aniversario da Coral de Riotorto
19 de novembro de 2016
Será ás 7.30 da tarde na Casa da Cultura "Avelino Díaz" das Rodrigas. No Festival intervirán a Coral de Barreiros, a Coral "Terra-Mar" de San Cibrao e a propia Coral de Riotorto, entidade esta última integrada na A.C. "Avelino Díaz".
Pódese acceder á información completa clicando na imaxe da esquerda. |
Magosto organizado por "M de Meira"
29 de outubro de 2016
Festival de Bandas de Música "Vila de Meira" - 2016
22 de outubro de 2016
IV Festa da afirmación e dignidade
Meira, 2 de outubro de 2016
O domingo, 2 de outubro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a IV Festa de afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.
Durante a xornada seranlles entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, a Ricardo Polín e, de xeito póstumo, a Xosé Chao Rego. O programa da Festa pode consultarse clicando na imaxe do cartel. |
III Roteiro Avelino Díaz
28 de agosto de 2016
O día 28, último domingo de agosto, celebrarase o III Roteiro por Avelino, unha xornada que pretende xuntar unha vez máis, persoas de todas as procedencias, condicións e ideoloxías para divulgar a figura do noso poeta e reclamar para el o Día das Letras de 2018, xa que non foi posible ao primeiro intento.
O roteiro partirá da casa natal de Avelino no lugar da Travesa, na Órrea, para percorrer os 9 km que o separan da Praza Maior de Meira, na ruta que sobe polos montes de Candedo. Nun punto específico do traxecto colocarase o segundo chanto de homenaxe, da autoría do escultor e activista cultural Manolo Pardo. Será o segundo dunha serie que se pretende continuar ano a ano. Pasarase tamén polo lugar da Pena, entrando en Meira, onde Avelino viviu con súa mai. Na Praza Maior, o roteiro será acompañado pola tamborrada do grupo "Santa María" e por outras agrupacións musicais. A xornada rematará no Parque Río Barxa, xusto na rúa que leva o nome de Avelino Díaz, cun xantar popular no que haberá un acto literario e diferentes actuacións musicais. Pódese acceder ás imaxes do I Roteiro, celebrado en agosto de 2014, clicando aquí, e ás do II Roteiro clicando aquí. Máis información clicando na imaxe. |
Meirendas, merendas en Meira
Meira, 27 de agosto de 2016, todo o día
Meirendas, merendas en Meira, é unha nova actividade ideada por Gaitafilmes, empresa de produción integral que forma parte da AC Avelino Díaz e que está a punto de rematar a súa primeira longametraxe, Dhogs.
Trátase dunha xornada festiva que se celebrará o 27 de agosto no parque Río Barxa. Máis información clicando na imaxe. |
XXV Festa da malla
Meira, 21 de agosto de 2016, todo o día
A Festa da malla cumpre o seu primeiro cuarto de século de vida constituíndo un referente para toda Galicia. Considerada Festa de interese turístico nacional de Galicia, é organizada ano a ano pola Asociación de Amigos/as da Malla de Meira, entidade integrada na AC Avelino Díaz.
Máis información clicando na imaxe. |
Presentación do libro Eloxio da Terra de Miranda, de Xúlio Pardo de Neyra
A Órrea, 20 de agosto de 2016, 19.00 h.
O libro, a través do estudo da xenealoxía da familia do autor, orixinaria de Galegos, acaba delimitando con precisión a Terra de Miranda, unha comarca esquecida do planeamento comarcal deseñado polas autoridades galegas pero con plena vixencia na realidade.
O acto está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na AC Avelino Díaz. Máis información clicando na imaxe. |
Carlos Casares, protagonista do Día das Letras 2017
9 de xullo de 2016
A Asociación Cultural “Avelino Díaz” saúda a elección de Carlos Casares como autor homenaxeado no Día das Letras 2017.
A CANDIDATURA DE AVELINO DÍAZ SERÁ PRESENTADA DE NOVO NO ANO 2018. Acceso ao comunicado de prensa da AC Avelino Díaz sobre a noticia. |
Presentación da candidatura ao Día das Letras 2017 na Órrea
4 de xuño de 2016
Xusto a carón da casa onde naceu Avelino, no centro sociocultural parroquial, terá lugar este sábado, 4 de xuño, a partir das 19.00 h., a presentación da candidatura de Avelino ao Día das Letras 2017.
No acto haberá lectura de poemas, a descrición do proceso para a presentación da candidatura, e a estrea do documental sobre o autor. |
Imposición do nome de Avelino Díaz á Casa da Cultura de Riotorto
16 de maio de 2016
Este luns, 16 de maio de 2016, a iso das 10.00 h., impoñeráselle oficialmente o nome de "Avelino Díaz" ao Centro Sociocultural e da Terceira Idade das Rodrigas, segundo acordo unánime tomado no seu día polo pleno do Concello de Riotorto.
O acto contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Delegada da Xunta en Lugo e dos alcaldes e membros da Corporación de Riotorto e Meira. Asistirá tamén unha representación da Asociación Cultural Avelino Díaz. |
Presentación pública en Meira da candidatura de Avelino ao Día das Letras 2017
11 de maio de 2016
O mércores, 11 de maio, ás 20.30 h., na Casa da Cultura de Meira, terá lugar a presentación pública da candidatura de Avelino Díaz ao Día das Letras do ano 2017, cando se cumpren 120 anos do seu nacemento.
O acto terá como motivo central a estrea do documental sobre a figura do autor, que foi promovido pola AC "Avelino Díaz" e realizado pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, e contará coa presenza das asociacións e colectivos integrados no proxecto, así como coas catro administracións que colaboran con el: os Concellos de Riotorto e Meira, a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia. Pódese acceder ao cartel do evento clicando aquí. |
Cantos de taberna en Riotorto
14 de maio de 2016
Presentación na Real Academia Galega da documentación sobre Avelino
18 de abril de 2016
O 18 de abril de 2016, a Asociación Cultural “Avelino Díaz” presentou oficialmente no rexistro da Real Academia Galega unha completa Memoria coa que pretende que os académicos coñezan de primeira man a vida e a obra de Avelino. É o primeiro paso para conseguir o Día das Letras para o noso autor.
A documentación que foi entregada pode localizarse na páxina de inicio de www.avelinodiaz.gal, onde existen dúas ligazóns para acceder a ela. Complétase cun documental que recibiron tamén os académicos pero que non se fará público ata a súa estrea oficial, dentro duns días. 2017, Día das Letras para Avelino Díaz! |
Inauguración da exposición "Os ollos dun neno" na Igrexa de Meira
18 de marzo de 2016
A Confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira, entidade integrada na A.C. Avelino Díaz, convida ao público en xeral, á inauguración da exposición de Semana Santa “Os ollos dun neno”, que terá lugar o venres, 18 de marzo, na Igrexa Parroquial de Santa María de Meira.
Os actos darán comezo ás 20.30 h cun concerto da Schola Gregoriana Lucensis. Ás 21.00 inaugurarase a exposición e concretaranse os numerosos actos que levará a cabo a Confraría durante a Semana Santa, nos cales volverá estar presente a figura de Avelino Díaz. Dende a Asociación Cultural que leva o nome do poeta queremos agradecerlle a Tere Rielo, presidenta da Confraría e responsable da área musical da nosa entidade, o convite, así como ao sacerdote da Parroquia, Miguel Asorei, persoa tamén moi activa na Asociación. |
X Feira da artesanía do ferro de Riotorto
17 de abril de 2016
A décima edición da multitudinaria feira do ferro de Riotorto celebrarase o domingo, 17 de abril, nas Rodrigas. A feira é organizada pola Asociación para a promoción social dos ferreiros de Riotorto e o propio Concello de Riotorto, ambas entidades integradas na A.C. Avelino Díaz.
O programa, en detalle, será divulgado en breve. |
O Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de Riotorto
levará o nome de Avelino Díaz
5 de febreiro de 2016
O pleno do Concello de Riotorto acordou, pola unanimidade dos seus membros, impoñer o nome "Avelino Díaz" ao Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade das Rodrigas.
Con esta decisión, as forzas políticas de Riotorto e o propio Concello súmanse ás iniciativas encamiñadas a solicitar para o poeta o Día das Letras do ano 2017, cando se cumpren 120 anos do seu nacemento. |
Imposición oficial do nome "Poeta Avelino Díaz" ao CEIP de Meira
Xoves, 28 de xaneiro de 2016
O xoves, 28 de xaneiro, a partir das 11.30 h., desenvolverase o acto de imposición do nome "Poeta Avelino Díaz" ao Colexio de Educación Infantil e Primaria de Meira.
Trátase, á fin, da culminación do proceso legal que se levou a cabo nos últimos meses tras a aprobación, por parte da comunidade educativa, do cambio oficial do nome do centro. O cambio, por outra parte, supón un chanzo máis no proceso de divulgación da vida e da obra de Avelino, proceso no que os centros educativos de Meira son, sen dúbida, un modelo a seguir. Durante o acto será presentado o almanaque para o ano 2016 elaborado desde o centro, coa figura de Avelino como eixe central do mesmo. Clicando na imaxe da esquerda pódese acceder á invitación distribuída desde o CEIP "Poeta Avelino Díaz", dado que, como parece lóxico, o centro precisa que se lle comunique a asistencia con antelación. |
Petición de apoios á candidatura de Avelino ao Día das Letras 2017
Ata o 15 de febreiro de 2016
Durante a primavera, a Asociación Cultural “Avelino Díaz” vai presentar diante da Real Academia Galega a proposta formal de que o Día das Letras Galegas do ano 2017 sexa dedicado a Avelino, xustamente cando se cumprirían 120 anos do seu nacemento.
Para realizar a proposta, e para que sexa visible que esta é apoiada polo conxunto do tecido social, cultural e económico da comarca de Meira e Riotorto, a Asociación Cultural “Avelino Díaz” solicita de todos os colectivos, asociacións, empresas e grupos de calquera índole que queiran sumarse á iniciativa, que cumprimenten o modelo que pode obterse clicando na imaxe da esquerda (ou outro semellante) e que llo fagan chegar por calquera destes medios: a) Directamente, en liña, cumprimentando o modelo e clicando no botón “ENVIAR”. b) Por correo electrónico ao enderezo [email protected] c) Fisicamente, entregándoo na Librería “O Pedregal”, de Meira. d) Por correo postal dirixido a: Asociación Cultural “Avelino Díaz”. Casa da Cultura. Rúa Federico González López, s/n. 27240 MEIRA (Lugo). Todas as resolucións serán incorporadas ao dossier co que se apoiará, diante da Real Academia, a proposta do Día das Letras 2017 para Avelino Díaz. O prazo para a recepción de apoios acaba o 15 de febreiro de 2016. A Asociación Cultural “Avelino Díaz” prega a divulgación desta iniciativa entre aquelas entidades hipoteticamente interesadas en participar. |
VI Xornadas da Historia de Riotorto
26 e 27 de decembro de 2015
As VI Xornadas da Historia de Riotorto celebraranse os días 26 e 27 de decembro, nesta ocasión centradas na dimensión relixiosa do San Bernabé de Espasande e no patrimonio lúdico da Terra de Miranda.
As Xornadas están organizadas, como todos os anos, pola Asociación Cultural Arrincadeira, entidade integrada na A.C. Avelino Díaz. Pode consultarse o programa completo clicando na imaxe da esquerda. |
Deixounos Xosé Neira Vilas, recoñecido amigo de Avelino
27 de novembro de 2015
Neste 27 de novembro deixounos Xosé Neira Vilas, íntimo amigo de Avelino nunha longa etapa en Buenos Aires. Pepe, ademais do escritor coñecido/a por todos/a, era memoria viva da emigración e do exilio. Precisamente por iso sabía da inxustiza do esquecemento de aqueles que, como Avelino, desenvolveron un traballo constante, sacrificado... pero fuxindo do recoñecemento público. Isto, por exemplo, foi o último que nos deixou escrito sobre o noso autor (ligazón).
Por iso tamén, e na súa condición de académico, estaba absolutamente decidido a presentar a candidatura de Avelino Díaz para o Día das Letras do ano 2017. De feito, cando a A.C. Avelino Díaz se puxo en contacto con el para explicarlle o proxecto, non quería agardar a preparar o camiño para elevar a candidatura: "Veña, mandádeme o que teñades por aí e presentámolo inmediatamente". Agora, evidentemente expectante, seguirá desde lonxe como ese camiño se vai facendo paseniñamente, ata podermos cumprir o que tamén era o seu desexo. Con todo, se don Xosé era un apaixonado de Avelino, máis o era a súa dona Anisia Miranda, quen se emocionaba cada vez que comezaba a falar daquel "home discreto, alto e elegante". Xosé Neira Vilas deixounos, á fin, por lei de vida, pero Balbino seguirá eternamente vivo. Que o Labrego descanse en paz na Terra. |
Exposición fotográfica “Cistercium experientia”
28 de novembro de 2015
A Parroquia e o Concello de Meira, ambos integrados na A.C. Avelino Díaz, organizan a exposición fotográfica “Cistercium experientia” sobre a vida nos mosteiros do Císter, da que o propio mosteiro de Meira constitúe un exemplo emblemático.
O sábado 28 de novembro celebraranse unha serie de actos a partir das 11 horas. O programa inclúe a inauguración da exposición e a visita guiada á mesma, así como tamén as visitas ao Pedregal de Irima e ao Mosteiro de Penamaior. As inscricións para participar poden realizarse na Oficina de Turismo ou na Parroquia de Meira. |
O Colexio de Meira pasa a denominarse "CEIP Poeta Avelino Díaz" oficialmente
6 de novembro de 2015
O Diario Oficial de Galicia publicou o venres, 6 de novembro, a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que autoriza, definitivamente, que o CEIP de Meira pase a denominarse "Colexio de Educación Infantil e Primaria Poeta Avelino Díaz".
O centro organizará nas próximas semanas un acto oficial no que o cambio de denominación se fará efectivo dun xeito formal. A Asociación Cultural Avelino Díaz felicítase, e felicita a toda a comunidade educativa do centro, por este logro, que vai contribuír dun xeito decisivo á perpetuación do nome de Avelino en Meira e en toda a comarca. |
VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico organizado pola AGXPT
13-14 de novembro de 2015
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, colectivo integrado na Asociación Cultural Avelino Díaz, convoca para os días 13 e 14 de novembro, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago, o "VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico: xogo, literatura oral e música", que está dirixido a educadores/as de calquera campo e ao público en xeral.
Máis información en www.agxpt.gal |
"O menciñeiro á forza" representada por Os Baluros en Meira
31 de outubro de 2015
O sábado, 31 de outubro, terá lugar en Meira, ás 6 da tarde, a representación teatral da obra “O menciñeiro á forza” de Xosé M. Carballo.
O grupo Os Baluros de Castro de Rei será o encargado de levar á escena a obra de Molière adaptada por Carballo. A actividade está promovida pola Asociación Cultural Avelino Díaz. |
Mesa redonda sobre a sega en Castela na Órrea
27 de setembro de 2015
O domingo, 27 de setembro, a Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, entidade integrada na A.C. Avelino Díaz, organiza unha mesa redonda cos segadores da parroquia que foron traballar de temporeiros na sega en Castela. O obxectivo que persegue é poñer en común todos os aspectos daquela saída da parroquia dos homes (e dos adolescentes) que se producía todos os veráns, durante séculos. A información que se achegue entre todos os participantes será utilizada para a elaboración dun pequeno libro e dun documental que recolla este aspecto tan importante da historia local de Santa Comba da Órrea. Tentarase, así mesmo, recoller a perspectiva de quen marchaba, pero tamén das mulleres, absolutas responsables do traballo de verán na parroquia.
O evento terá lugar a partir das 12.30 h. no local parroquial, na antiga escola, xusto a carón da casa natal de Avelino Díaz. A Asociación de Veciños/as ten programado, a continuación, o seu almorzo (xantar) anual, para o cal é preciso anotarse na Taberna de Montse. |
Avelino, protagonista da III Festa de afirmación e dignidade
Meira, 20 de setembro de 2015
Avelino Díaz será, xunto ao pintor, escultor e poeta Anxo Lamas, o protagonista da III Festa de afirmación e dignidade que se celebrará en Meira o domingo, 20 de setembro. A A.C. Avelino Díaz recibirá unha das "Mans de Irimia", figura especialmente creada para as sucesivas edicións da Festa polo escultor Manolo Pardo.
A xornada está organizada pola Irmandade Manuel María, pola Asociación Cultural Xermolos e pola propia A.C. Avelino Díaz. Pode consultarse a programación clicando no cartel. |
Colocado o primeiro chanto do Roteiro de Avelino
6 setembro 2015
Un chanto tallado polo escultor, e integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, é o primeiro elemento sinalador do Roteiro de Avelino.
A colocación do chanto tivo lugar no lugar coñecido como a Pena da Abelleira situada na encrucillada dos camiños de Covas e Candedo, aínda na parroquia da Órrea, pero no límite de tres concellos: Riotorto, Meira e A Pastoriza. O chanto supón o primeiro paso para, pouco a pouco, sinalizar o Roteiro de Avelino, que saíndo da casa natal do poeta, na parroquia da Órrea a través dos montes de Candedo, A Cabana, a Gadella..., chega á igrexa de Meira, pasando, no lugar da Pena, por diante da casa na que Avelino viviu seis anos coa súa nai, dous antes de emigrar por primeira vez e catro, antes de facelo xa definitivamente. O chanto, en palabras do seu autor Manolo Pardo, simboliza "o camiño da vida" que Avelino inicia na Órrea baixo a protección da súa nai buscando a luz que intentamos buscar todos na nosa vida. |
II Roteiro por Avelino
30 agosto 2015
O día 30, último domingo de agosto, celebrarase o II Roteiro por Avelino, unha xornada que pretende xuntar unha vez máis, persoas de todas as procedencias, condicións e ideoloxías para divulgar a figura do noso poeta e reclamar para el o Día das Letras de 2017.
O roteiro partirá da casa natal de Avelino no lugar da Travesa, na Órrea, para percorrer os 9 km que o separan da Praza Maior de Meira, na ruta que sobe polos montes de Candedo. Nun punto específico do traxecto colocarase un chanto de homenaxe, da autoría do escultor e activista cultural Manolo Pardo. Será o primeiro dunha serie que se pretende continuar ano a ano. Pasarase tamén polo lugar da Pena, entrando en Meira, onde Avelino viviu con súa mai. Na Praza Maior, o roteiro será acompañado pola tamborrada do grupo "Santa María" e por outras agrupacións musicais. A xornada rematará no Parque Río Barxa, xusto na rúa que leva o nome de Avelino Díaz, cun xantar popular no que haberá un acto literario e diferentes actuacións de artistas da comarca que preparan un CD con poemas musicados do autor. Pódese acceder ás imaxes do I Roteiro, celebrado en agosto de 2014, clicando aquí. |
XXIV Festa da Malla de Meira
23 agosto 2015
A XXIV Festa da Malla de Meira celebrarase o domingo, 23 de agosto. Trátase da festa da malla máis antiga de todo o país, que foi declarada de interese turístico nacional de Galicia. É responsable da súa organización a Asociación de Amigos da Malla de Meira, entidade integrada na A.C. Avelino Díaz.
A xornada compaxina a malla propiamente dita cun xantar popular, actuacións musicais, xogos... Avelino Díaz visitará tamén dalgún modo a festa. Pódese acceder a algunhas imaxes da festa clicando aquí. |
Proxección do documental Miranda, mítica e real na Órrea
22 agosto 2015
Coincidindo coa III Asemblea Anual da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba de Órrea, proxectarase o documental, dirixido por Vanesa Gómez Lourido, Miranda, mítica e real, que ten como tema central a relación de Álvaro Cunqueiro con Riotorto e coa Terra de Miranda en xeral.
Será na escola da Órrea a partir das 17.00 h. |
Número da Revista Galega de Educación sobre as redes sociais
Xullo 2015
A Revista Galega de Educación, publicación directamente implicada no proxecto dun Día das Letras para Avelino Díaz, acaba de sacar á rúa o seu número 62. A súa parte monográfica está dedicada a analizar o mundo paralelo e complexo das redes sociais, prestando especial atención á súa relación coa educación.
Máis información clicando aquí. |
Reunión das agrupacións musicais implicadas no proxecto sobre Avelino
2 agosto 2015
O domingo, 2 de agosto, ás 7 da tarde, terá lugar na Casa de Cultura de Meira (Lugo) unha reunión cos grupos musicais que forman parte da AC "Avelino Díaz".
A finalidade da reunión é a organizarse de cara ao II Roteiro "Avelino Díaz" que se celebrará o domingo, 30 de agosto. Así mesmo, aproveitarase a ocasión para poñer en común a listaxe de poemas que están sendo musicalizados co fin de editar un CD cos mesmos nos vindeiros meses. Todas as persoas interesadas en asistir á reunión están convidadas. |
Exposición sobre a historia de Santa Comba de Órrea en imaxes
1 agosto 2015
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba de Órrea, entidade integrada na A.C. Avelino Díaz, inaugurará no local parroquial da Órrea, o sábado, 1 de agosto, ás 18.00 h., a primeira exposición de fotografías coa que pretende ir construíndo a historia da parroquia en imaxes pouco a pouco.
Distribuirá tamén o libro-catálogo da exposición.
A actividade é froito da colaboración entre a propia Asociación de Veciños/as e a A.C. Arrincadeira, entidade tamén integrada na A.C. Avelino Díaz e que, co seu proxecto Riotorto no tempo, fixo posible que o proxecto saíse adiante. A posta en valor do rural anda en xogo, tamén con iniciativas como esta. A exposición poderá visitarse todo o verán, cando menos. |
XII Festival de Bandas "Vila de Meira"
19 xullo 2015
O domingo, 19 de xullo, ás 17.30 h., terá lugar o XII Festival de Bandas “Vila de Meira”.
No acto, que se celebrará na Igrexa Parroquial, actuarán dúas das mellores bandas galegas: a Banda de Música "Vila de Cedeira" e a Banda de Música de Chantada. A encargada de poñer o broche final será a Banda de Música Municipal de Meira, entidade integrante da Asociación Cultural “Avelino Díaz”. |
Nova unidade didáctica sobre a obra de Avelino
Primavera 2015
A nova unidade didáctica está concibida para 2º curso de Bacharelato e está centrada no "sentimento da Terra" latente na obra de Avelino.
Esta nova entrega é da autoría do profesor do IES Lucus Augusti, Manuel Celso Matalobos Cerceda. Pódese acceder a ela clicando na imaxe ou aquí. |
Manuel María, recoñecido co Día das Letras 2016
17 maio 2016
Manuel María Fernández Teixeiro será o escritor protagonista do Día das Letras do ano 2016. Natural de Outeiro de Rei, e once anos despois do seu pasamento, Manuel María recibirá a homenaxe de todo un país que el contribuíu, sen dúbida, a construír, a través da súa palabra comprometida, pero tamén grazas ao seu activismo militante en múltiples frontes.
A A.C. Avelino Díaz transmite á Fundación Manuel María a súa máis sincera felicitación por ter conseguido dar este paso decisivo de cara á investigación e á divulgación da vida e da obra do autor. |
Arrincadeira proxecta o documental sobre O Piloto
4 xullo 2015
A Asociación Cultural Arrincadeira organiza, o sábado 4 de xullo, a partir das 20.00 h., na Casa da Cultura de Riotorto, a proxección do documental sobre 'O Piloto', o último guerrilleiro antifranquista, abatido en Belesar o 10 de marzo de 1965. O documental é da autoría de Xosé Reigosa e de Afonso Eiré, e acaba de ser estreado hai uns meses.
A A.C. Arrincadeira forma parte activa do proxecto sobre Avelino Díaz. |
Fotolibros sobre a obra de Avelino editados por Soños de papel
Verán 2015
O Club de lectura Soños de papel do IES Pedregal de Irimia, acaba de publicar oito fermosos fotolibros a partir doutros tantos poemas de Avelino. Trátase dun innovadora estratexia para achegar a obra do noso autor a todo tipo de lectores/as.
Os fotolibros poden consultarse na Biblioteca do centro, pero témolos en imaxes clicando aquí. |
Asemblea anual da A.C. Avelino Díaz
3 xullo 2015
A Asemblea anual celebrarase na Casa da Cultura de Meira o venres, día 3 de xullo, ás 20.00 h. en primeira convocatoria, e ás 20.30 h. en segunda.
Pódese acceder á convocatoria clicando aquí. |
Jogos populares luso-galaicos
28 xuño 2015
O domingo, 28 de xuño, celebraranse en Vilela do Tâmega (Trás-os-Montes) unha nova edición dos Jogos populares luso-galaicos. Galicia estará representada polo Club de Birlos de Xove e pola Asociación Recreativa e Cultural dos Amigos de Santa Comba de Órrea. A A.C. Avelino Díaz estará tamén presente a través da Asociación Galega do Xogo popular e Tradicional, entidade integrada no proxecto.
Pódese acceder ao programa da actividade clicando na imaxe da esquerda. |
A edición 2015 de festa-romaxe No ir da dignidade estará centrada en Avelino Díaz
21 setembro 2015
A edición 2015 de festa-romaxe No ir da dignidade, promovida pola Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos e que se celebra todos os 21 de setembro no Pedregal de Irima e en Meira, estará centrada na figura de Avelino Díaz.
Desta maneira, o proxecto conta cun novo e importante apoio de cara ao obxectivo de conseguir o Día das Letras do ano 2017 para o noso autor. Lembramos que a edición de 2014 (acceso á crónica aquí) tivo como protagonista o grupo A Quenlla. Clicando aquí pódese acceder ao especial que A Chaira dedica no seu noveno aniversario ás “Cen ideas para A Chaira”, onde, á parte de recollerse a noticia, interveñen Manolo Pardo e María García Jartín, integrantes da A.C. Avelino Díaz. |
Crónica literaria do I Roteiro por Avelino. Antom Labranha
Xuño 2015
O compañeiro Antom Labranha acaba de rematar a crónica literaria do I Roteiro por Avelino, celebrado en agosto de 2014. Trátase dunha referencia, polo miúdo, do acontecido durante a xornada, cunha parte claramente obxectiva, descritiva, e con outra máis estritamente literaria onde Antom, escritor recoñecido, pon a súa capacidade creativa ao servizo do obxectivo común de conseguir divulgar a vida e a obra do noso autor.
Pode accederse á crónica aquí e mais aquí. |
Avelino Díaz no Concerto das Letras da Banda Municipal de Meira
23 de maio de 2015
A Asociación Cultural Avelino Díaz estará presente no Concerto das Letras Galegas que organiza a Banda Municipal de Meira. Nel participarán a Coral da Pastoriza, a Banda Kids e a propia Banda Municipal. A A.C. Avelino Díaz colaborará no acto co recitado dalgúns dos poemas máis significativos do noso autor.
Será o sábado, 23 de maio, a partir das 21.30 h., na Casa da Cultura de Meira. |
Presentación do proxecto sobre Avelino en Fomiñá
17 de maio de 2015
A Asociación de Veciños e Veciñas de Fomiñá - A Pastoriza organiza, como todos os anos, un acto no Día das Letras. Neste 17 de maio de 2015 decidiu incluír no mesmo unha presentación do proxecto sobre Avelino. Os integrantes da A.C. Avelino Díaz que se acheguen farán un pequeno percorrido pola biografía e pola obra do noso autor, e intentarán tamén presentar algúns dos seus poemas máis emblemáticos, parte deles recitados por nenos e nenas da parroquia.
Será o domingo, 17 de maio, a partir das 5 da tarde, no local parroquial. |
Proxección do documental sobre 'O Piloto' organizada por M de Meira
10 de maio de 2015
A Asociación Cultural M de Meira organiza, o domingo 10 de maio, a partir das 20.30 h., na Casa da Cultura de Meira, a proxección do documental sobre 'O Piloto', o último guerrilleiro antifranquista, abatido en Belesar o 10 de marzo de 1965. O documental é da autoría de Xosé Reigosa e de Afonso Eiré, e acaba de ser estreado hai apenas unhas semanas.
A proxección coincide coa celebración do VI Seminario sobre a memoria histórica, que organiza durante toda a fin de semana Nova Escola Galega na comarca da Mariña, seguíndolle as pegadas ao guerrilleiro mariñao por excelencia: Luís Trigo Chao, 'O Gardarríos'. Tanto M de Meira como Nova Escola Galega forman parte activa do proxecto sobre Avelino Díaz, |
II Roteiro "Avelino Díaz"
30 de agosto de 2015
O II Roteiro "Avelino Díaz" xa ten data. Celebrarase o 30 de agosto de 2015, saíndo da casa de Avelino na Órrea, pasando pola casa do autor na Pena, e chegando á igrexa de Meira.
O Roteiro pretende reunir persoas de todas as idades e condicións para reclamar, dun xeito festivo, o Día das Letras de 2017 para Avelino, e en xeral, a divulgación da súa obra. |
O Colexio de Meira pasa a denominarse CEIP "Poeta Avelino Díaz"
29 de abril de 2015
O CEIP de Meira aprobou no Claustro do Profesorado e no Consello Escolar celebrados o día 29 de abril adoptar o nome de CEIP “Poeta Avelino Díaz”. Esta decisión, que debe ser trasladada á Consellería de Educación para a súa aprobación final, foi acordada co voto favorable de todos os sectores educativos que compoñen a comunidade do colexio.
Os pais e nais, o alumnado, o persoal non docente, os docentes e o propio concello de Meira entenden e recoñecen con esta actuación a importancia que tivo e segue tendo o “poeta de Meira” para este concello e para o seu lugar natal, A Órrea - Riotorto, xa que, desde o punto de vista da cultura e das letras, é o seu máximo expoñente. Toda a comunidade educativa do colexio de Meira suma deste xeito o seu gran de area á causa común pola que está a traballar a Asociación Cultural “Avelino Díaz”, así como a sociedade civil e os concellos de Meira e Riotorto, para lograr todos xuntos un Día das Letras Galegas para o noso poeta. |
Novo número da Revista Galega de Educación: "Afirmando a escola pública"
Abril, 2014
A Revista Galega de Educación, publicación directamente implicada no proxecto dun Día das Letras para Avelino Díaz, acaba de sacar á rúa o seu número 61. A súa parte monográfica está dedicada á reafirmación da escola pública como garante dunha educación de calidade para todos e todas. O número conta coa colaboración de destacadas figuras europeas do mundo da educación.
Máis información clicando aquí. |
A Escola Infantil de Meira "Vermiño" súmase ao proxecto sobre Avelino
23 de abril de 2015
O xoves, 23 de abril, na Biblioteca de Meira tivo lugar un acto que se centrou na visita á mesma da Escola Infantil de Meira "Vermiño". As mestras e os seus nenos (un grupo de dous a tres anos ) quixeron celebrar o Día do Libro desta maneira. No acto contouse coa participación dun contacontos, e a Escola "Vermiño" aproveitou o escenario para sumarse ao proxecto "Un día das Letras Galegas para Avelino ". Expúxose un cadro-retrato de Avelino que os propios nenos/as fixeron. Tamén tivo lugar a entrega dunha "flor de retama" a cada neno/a coa intención de que esta entrega se siga facendo todos os anos ata o 2017, así como a recitación do poema "Canzon pr-o sono d-un neno”. Con esta xornada, a Escola Infantil de Meira quere sumarse ao noso proxecto e seguir traballando para levar a cabo outras futuras actividades.
En breve estará á nosa disposición material gráfico do acto. |
IX Feira de artesanía do ferro de Riotorto
19 de abril de 2015
Organizada pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, o domingo, día 19 de abril, celebrarase en Riotorto, cun completo programa, a IX Feira de artesanía do ferro. A Asociación Cultural Avelino Díaz estará presente cun stand sobre o autor.
Podes accedes ao programa da Feira clicando na imaxe. |
Campaña de captación de socios/as
Marzo-abril 2015
A Asociación Cultural Avelino Díaz proponse realizar unha campaña de captación de socios/as nos meses de marzo e abril de 2015.
A campaña consistirá na invitación permanente a través de carteis distribuídos por Meira, pola Órrea e polas Rodrigas, para que calquera persoa interesada na divulgación da figura e da obra de Avelino, poida participar nas actividades da Asociación. Coa colaboración dos locais comerciais, facilitarase o trámite de afiliación, que poderá ser instantáneo. Todos os asociados e asociadas, por outra parte, serán convidados/as a participar nas reunións periódicas que desenvolve a Xunta Directiva. |
Semana Santa e exposición de fotografías en Meira
29 de marzo ao 12 de abril 2015
O domingo 29 de marzo, coincidindo co 44 cabodano de Avelino Díaz, a partir das 13.30 h. terá lugar a inauguración dunha exposición de fotografías antigas de Meira que organizan conxuntamente a Confraría da Nosa Señora do Pedregal e a Asociación Cultural M de Meira, ambas integrantes da A.C. Avelino Díaz.
A exposición permanecerá aberta dende o 29 de marzo ao 12 de abril en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Non será o único momento da Semana Santa de Meira onde Avelino estea presente, pois algúns dos seus poemas serán lidos durante as procesións que se van celebrar. Acceso ao programa completo aquí. |
V Xornadas da historia de Riotorto
4 de abril de 2015
A Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto, organiza as V Xornadas da historia de Riotorto, que se celebrarán na Casa da Cultura das Rodrigas o día 4 de abril. Nesta ocasión, as xornadas estarán centradas na emigración.
A Asociación Cultural Avelino Díaz participará expoñendo, brevemente, o proxecto arredor da figura de Avelino. Será o día 4 de abril, a partir das 19.00 h. Podes accedes ao programa das Xornadas clicando na imaxe. |
Celebración do 44 cabodano de Avelino Díaz
29 de marzo de 2015
Coincidindo co 44 cabodano de Avelino, o 29 de marzo desenvolverase, no transcurso da feira quincenal de Meira, un acto de lectura pública de poemas de Avelino.
O evento está convocado pola Asociación Cultural Avelino Díaz, e a el poderá sumarse calquera persoa que queira participar, ben lendo un poema seleccionado por ela mesma, ben lendo algún dos que a organización poñerá a disposición do público. A iso das 12 da mañá, na confluencia do adro da igrexa coa Praza Maior. |
Incorporación do Obradoiro de Gaitas Seivane ao proxecto sobre Avelino Díaz
Marzo 2015
O último colectivo en sumarse ao noso proxecto é o Obradoiro de Gaitas Seivane. Dende a asociación queremos agradecerlles a Álvaro e Xosé Seivane, así coma ao resto de persoas que forman parte do obradoiro, o seu apoio.
Reproducimos a mensaxe de adhesión: “Dende o Obradoiro de Gaitas Seivane, con raíces nesta comarca lucense, queremos sumarnos á petición de que se lle dedique ao “poeta de Meira”, Avelino Díaz, o Día das Letras Galegas. Crémolo merecente de tal honor, que sería, para toda a comarca e para Galicia enteira, ver ao seu veciño ilustre entre os máis grandes, como así o era; o que nos brindaría a oportunidade de coñecer universalmente a súa obra. Sumámonos a iniciativa das entidades que propoñen a este emigrante comprometido con Galicia para ser recordado e homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento”. |
"Meiregos", exposición de Manolo Pardo e Xesús Villamide
16 de marzo de 2015
A exposición "Meiregos", de Manolo Pardo López e Xesús Villamide Díaz, os dous meiregos e os dous integrantes da Asociación Cultural Avelino Díaz, inaugúrase o luns, 16 de marzo, a partir das 20.00 h., no Pavillón 4 do Centro de Artesanía e Deseño (Rúa Chantada, s/n) de Lugo.
A exposición consta das esculturas de Manolo Pardo e das maquetas de Xesús Villamide, nunha suxestiva combinación que poderá ser visitada ata o 30 de abril, de luns a venres, e de 11.00 h. a 19.00 h. |
Avelino Díaz ilustrado
Marzo 2015
Dentro do seu programa de actividades para este curso, e continuando a súa estratexia para dar a coñecer a figura e a obra de Avelino Díaz, o Club de Lectura “Soños de papel” do IES Pedregal de Irimia de Meira disponse a ilustrar seis poemas do autor: "Nai chorosa", "¡Ouh, saudade!", "Señardá", "Desacougos", "¡Oh, Libertad!" e "Autodefinición".
A iniciativa constitúe unha mostra máis do traballo que sobre Avelino desenvolven tanto o profesorado como o alumnado do IES, sempre coa ilusión de conseguir para el o Día das Letras Galegas do ano 2017, cando cumpriría 120 anos. Toda a información no blog de "Soños de papel". |
Entrevista en El Progreso ao Vicepresidente da A.C. Avelino Díaz
17 de febreiro de 2015
A xornalista Cristina Pérez asina unha entrevista, publicada na edición da Chaira do xornal El Progreso, co Vicepresidente da Asociación Cultural Avelino Díaz, Federico Cachafeiro. A entrevista, cun ton persoal, reserva tamén un espazo para realizar un percorrido polas actividades que está desenvolvendo a Asociación nos últimos tempos e, en xeral, polo proxecto xenérico arredor da figura de Avelino.
|
Entrevista co Secretario Xeral da Emigración
13 de febreiro de 2015
Coa finalidade de darlle a coñecer de primeira man o proxecto sobre o autor, diferentes integrantes da Asociación Cultural Avelino Díaz acudiron a unha entrevista co Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Debe lembrarse que Avelino foi un poeta fundamentalmente da emigración nun primeiro momento, aínda que despois talvez deba considerarse a súa condición, en certo modo, de poeta do exilio. A proxección exterior das iniciativas sobre o autor, fundamentalmente en Buenos Aires, e a necesidade de documentar diferentes episodios da súa vida e a súa obra, foron outros tantos temas tratados co Secretario Xeral.
A entrevista, desenvolvida a iniciativa do Alcalde de Meira, Ramiro Pérez, rematou co propósito firme de colaboración en diferentes facetas do proxecto, colaboración que se materializará nos próximos meses. |
Sinatura do convenio coa Fundación TIC
11 de febreiro de 2015
O pasado 11 de febreiro, a Asociación Cultural Avelino Díaz asinou un convenio coa Fundación TIC, dependente da Deputación Provincial de Lugo, para a realización da curtametraxe programada sobre Avelino. O Convenio permitirá, en efecto, que a curta poida ser realizada e, de feito, a súa gravación comezou ao día seguinte, coincidindo coa visita da familia do autor a Galicia.
Está previsto estrear a curtametraxe no Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos que se celebrará en Buenos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015. Unha sección do Congreso está dedicada, precisamente, a Avelino Díaz. Un primeiro froito desta colaboración pode ollarse xa nesta pequena reportaxe (ligazón). |
Gravación dunha curtametraxe sobre Avelino
Primavera, 2015
Desde a A.C. “Avelino Díaz” comunicamos que nas próximas semanas realizarase a gravación dunha curtametraxe sobre a figura do poeta. Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que teñan no seu poder materiais (gravacións, imaxes, testemuñas, textos, documentos…) que puidesen ser interesantes para incluír na curtametraxe que o comuniquen, no caso de non ter inconveniente en cedelos.
Debe terse en conta que Avelino saíu para América definitivamente en 1920 e que, polo tanto, resulta difícil dispoñer sobre todo de certo tipo de documentos. |
Visita dos descendentes de Avelino. Programa de actos
Febreiro, 2015
Como anunciamos, unha parte da familia de Avelino residente en Arxentina visitará Galicia do 10 ao 14 de febreiro. Viaxarán, en concreto, o seu fillo Alberto e a súa dona Josefina, a súa neta Verónica e o seu home Mariano, e a súa bisneta Mª Lourdes. Trátase da primeira vez que a familia arxentina de Avelino visita Galicia, e o seu obxectivo é coñecer de primeira man os lugares onde el viviu na súa nenez e na súa mocidade, así como participar das iniciativas que se están levando a cabo para promover o Día das Letras de 2017.
O día 11, pola mañá e acompañados dunha pequena representación da A.C. Avelino Díaz, visitarán as dúas casas onde viviu o autor na Órrea e na Pena-Meira, que lles serán mostradas polos seus donos actuais, así como outros lugares destacados na biografía de Avelino. O día 12, ás 19.30 h., os concellos de Riotorto e Meira organizarán un recibimento oficial conxunto no Salón de Plenos do Concello de Meira, no que haberá tamén algunhas actuacións de grupos que xa prepararon versións musicais dalgúns poemas de Avelino. Á noite, a partir das 21.00 h., celebrarase unha cea popular no Mesón Pedreira de Meira, para a cal existe aforo limitado (o prazo para anotarse, na Librería Pedregal, remata o 9 de febreiro). |
O alumnado do IES Pedregal de Irimia dá a coñecer, por un tubo, a poesía de Avelino
Xaneiro, 2015
O Club de Lectura Soños de papel, do IES Pedregal de Irimia, de Meira, sacou á rúa nestes días a poesía de Avelino Díaz dun xeito directo e orixinal. A iniciativa consistiu en recitados espontáneos, a través de tubos deseñados para a ocasión, dirixidos a todo o vecindario de Meira.
Grupos de rapaces e rapazas integrados en Soños de papel entraron en tendas, supermercados, bares... e recitaron poemas escollidos de Avelino, co obxectivo declarado de achegar a todo o vecindario a obra do autor. Non é esta, evidentemente, a primeira iniciativa do Club sobre a obra de Avelino Díaz, e tampouco é a primeira vez que a poesía é sacada a rúa polo alumnado do Instituto. Nos próximos tempos pensar desenvolver esta mesma actividade noutros lugares, incluídos os centros de Infantil e Primaria de Meira e Pol. |
Visita a Galicia da familia de Avelino
Febreiro, 2015
Unha parte da familia de Avelino residente en Arxentina visitará Galicia do 10 ao 14 de febreiro. Viaxarán, en concreto, o seu fillo Alberto e a súa dona Josefina, a súa neta Verónica e o seu home Mariano, e a súa bisneta Mª Lourdes. Trátase da primeira vez que a familia arxentina de Avelino visita Galicia, e o seu obxectivo é coñecer de primeira man os lugares onde el viviu na súa nenez e na súa mocidade, así como participar das iniciativas que se están levando a cabo para promover o Día das Letras de 2017.
Desenvolveranse algúns actos na honra dos ilustres visitantes, organizados pola A.C. Avelino Díaz e polos concellos de Riotorto e Meira, dos cales se informará oportunamente. Avelino ten familia tamén no concello de Allo, en Navarra, de onde emigrou a que logo sería a súa dona, Felisa Iduriaga Fernández, xunto cun irmán seu chamado Clemente. Outro irmán, Gregorio, permaneceu toda a súa vida no lugar de orixe da familia. |
O Club de Lectura Soños de papel, do IES Pedregal de Irimia, edita merchandería sobre a obra de Avelino
Xaneiro, 2015
O Club de Lectura Soños de papel, do IES Pedregal de Irimia de Meira, acaba de editar e distribuír unha fermosa chapa que recolle esta estrofa do poema "Amor fuxido", incluído en Debezos:
Mentres sea primavera, coido que n-has de voltar. Cando haxa neve na serra, entón, Amor, voltarás. Parabéns pola iniciativa! Por certo que, unha das últimas realizacións audiovisuais do Club de lectura Soños de papel pode verse clicando aquí. Paga a pena. |
Distribuída a unidade didáctica sobre a emigración na obra de Avelino
Xaneiro, 2015
A área educativa e cultural da Asociación Cultural “Avelino Díaz” acaba de facerlles chegar a todos os centros educativos de Galicia unha unidade didáctica baixo o título “A emigración na obra de Avelino Díaz”.
Esta unidade, pensada para os últimos cursos de Primaria e os primeiros de Secundaria, pretende divulgar a figura e obra de Avelino Díaz entre os escolares e conseguir que desde os propios centros educativos se deseñen máis actividades arredor da vida e da obra do noso poeta. A unidade pode descargarse neste mesmo sitio web (Áreas de actuación - Área educativa e cultural). |
Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Meira
Sábado, 27 de decembro de 2014
Noite de humor e contos, de M de Meira
Domingo, 4 de xaneiro de 2015
A Asociación Cultural M de Meira, colectivo integrado na A.C. Avelino Díaz, organiza unha noite de humor e contos, que contará coa intervención de tres dos máis destacados narradores orais de Galicia: Carlos Blanco, Quico Cadaval e Celso Sanmartín.
A actividade desenvolverase o domingo, 4 de xaneiro, a partir das 20.30 h., na Casa da Cultura de Meira. Máis información clicando aquí. |
Número da Revista Galega de Educación dedicado a Ponte... nas ondas!
Decembro, 2014
A Revista Galega de Educación, publicación directamente implicada no proxecto dun Día das Letras para Avelino Díaz, acaba de sacar á rúa o seu número 60. A súa parte monográfica está dedicada á experiencia educativa Ponte... nas ondas!, que tenta esvaer a fronteira que separa Galicia do Norte de Portugal, precisamente por formaren estes dous territorios unha área cultural común.
O número conta con traballos de destacados investigadores do mundo da lusofonía en xeral, desde Angola ao Brasil, pasando, naturalmente, por Galicia e Portugal. Máis información clicando aquí. |
Xornada de traballo da A.C. Avelino Díaz
26 de decembro de 2014
Coa finalidade de dar un paso máis no desenvolvemento das iniciativas que a A.C. Avelino Díaz ten en marcha, o venres 26 de decembro haberá unha intensa xornada de traballo na Casa da Cultura de Meira. Ás 5 reuniranse colectivos do mundo da música e da imaxe, ás 6 diferentes persoas relacionadas co deseño e coas artes gráficas, ás 7 xente do mundo da educación... e ás 8 a Xunta Directiva en pleno.
Todas as reunións internas da A.C. Avelino Díaz son abertas. Ás 10 da noite, para acabar a xornada, asistiremos a unha nova edición de M de cine, organizada por Gaitafilmes (ver información noutro lugar desta axenda). |
Cursos da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba de Órrea
Xaneiro, 2015
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba de Órrea, colectivo integrado na A.C. Avelino Díaz, organiza un curso de poda (sábado, 24 de xaneiro, de 4 a 8 da tarde) e outro de enxerto (sábado, 31 de xaneiro, de 5 a 7 da tarde).
Os socios/as da AA.VV. poden asistir gratuitamente, e mesmo poden convidar, cada un deles, unha persoa non socia. Para as demais persoas interesadas, o prezo da matrícula é de 10 euros. Inscricións na Taberna de Montse ou no enderezo electrónico [email protected] |
M de cine... M de Made in Galicia, noite de cine con Gaitafilmes en Meira
26 de decembro de 2014
Gaitafilmes, produtora integrada na Asociación Cultural "Avelino Díaz" organiza unha nova edición de M de cine... ou M de Made in Galicia, na Casa de Cultura de Meira, o venres, 26 de decembro, ás 22.00 h.
Trátase dunha xornada de cine na que se proxectarán ata seis curtametraxes, todas producidas en Galicia e, na súa maioría, na comarca de Meira. Así, poderase visionar unha curta de animación de Alberto Vázquez titulada Sangue de unicornio, tres producións (O mundo de Cristina, Non hai cabalos e Verbo) realizadas polo Taller de Curtas de Meira, ou Lorem ipsum, de Duarte Eiros. Unha invitación, extraordinaria por ser pouco frecuente, a gozar co cine, co de verdade. |
O curandeiro, exposición de escultura en Sarria con obras de Manolo Pardo
20 de decembro de 2014
A exposición de escultura denominada O curandeiro será inaugurada o sábado, 20 de decembro de 2014, ás 18 h., na Casa da Cultura de Sarria.
A exposición conta con obras de Jesús Vázquez Gallego e de Manuel Pardo. Manolo, natural da emblemática paraxe de Seoane dos Vaos, é integrante da Asociación Cultural "Avelino Díaz" e na exposición poderá contemplarse, unha vez máis, a escultura da súa autoría dedicada ao "Poeta de Meira". A exposición estará aberta ata o 5 de xaneiro, podendo visitarse todos os días de 18.00 a 20.00 h. |
V Xornadas da historia de Riotorto da A.C. Arrincadeira
Marzo, 2015
As V Xornadas da historia de Riotorto que anualmente organiza a Asociación Cultural Arrincadeira serán en marzo de 2015, coincidindo coa Semana Santa.
A quinta edición das Xornadas estará centrada na emigración e, entre outras outras actividades, contarán coa proxección dun documental sobre a incidencia da emigración en Riotorto, da autoría de Vanessa Gómez Lourido. Serán presentadas tamén as Actas das IV Xornadas ("Riotorto na literatura"), con traballos sobre Antolín Mediante, Álvaro Cunqueiro ou Manuel María García Castro, este último poeta "oficial" de El agricultor e pai de Avelino Díaz. |
Avelino estará presente no magosto de "M de Meira"
15 de novembro de 2014
A Asociación Cultural "M de Meira" celebrará o seu habitual magosto o vindeiro sábado nos barracóns da Praza do Convento. Nel dedicaralle un espazo á figura de Avelino Díaz co fin de impulsar un Día das Letras Galegas para el.
Haberá xogos, castañas, liscos, viño, queimada, música tradicional... e poesía. A partir das 17 h. nos barracóns da Praza do Convento. |
117 aniversario de Avelino. Ofrenda floral
14 de novembro de 2014
Coincidindo co 117 aniversario do nacemento de Avelino, a A.C. "Avelino Díaz" organiza unha ofrenda floral diante da súa casa natal, onde está situada unha placa que o lembra.
No lugar da Travesa, na parroquia de Santa Comba de Órrea-Riotorto, ás 13.00 h.
No lugar da Travesa, na parroquia de Santa Comba de Órrea-Riotorto, ás 13.00 h.
Presentación do proxecto sobre Avelino Díaz en Meira
14 de novembro de 2014
O venres, 14 de novembro, data na que se conmemoran 117 anos do nacemento de Avelino Díaz, presentarase en Meira a asociación cultural que leva o seu nome, e con ela, o proxecto que pretende conseguir que a Avelino se lle dedique o Día das Letras de 2017. Máis alá diso, realmente o que se persegue co acto é divulgar a figura de Avelino e dar a coñecer a súa obra.
Clicando na imaxe podes acceder aos detalles do acto.
Clicando na imaxe podes acceder aos detalles do acto.
Gaitafilmes organiza unha xornada de cine e tradición oral
Venres, 7 de novembro, ás 21.30 h., na Casa da Cultura de Meira
A Asociación GAITAFILMES CULTURAL, entidade integrada na Asociación Cultural "Avelino Díaz", organiza unha nova edición das súas XORNADAS TEMÁTICAS, que este ano levan por título "CINE E TRADICIÓN ORAL" e que constarán das seguintes actividades:
- CHARLA con ANTONIO REIGOSA sobre os "MITOS e MONSTROS da TERRA CHÁ". Máis info (http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Reigosa ).
- CINE feito na TERRA CHÁ: O CRIME DA LEGUA DEREITA, un filme de COOL FILMS que conta a historia dun home vilalbés que arrancou a pel en vida para curar o cancro de pel dunha muller adiñeirada...
- Unha pequena presentación do PROXECTO "POETA AVELINO DÍAZ".
- CHARLA con ANTONIO REIGOSA sobre os "MITOS e MONSTROS da TERRA CHÁ". Máis info (http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Reigosa ).
- CINE feito na TERRA CHÁ: O CRIME DA LEGUA DEREITA, un filme de COOL FILMS que conta a historia dun home vilalbés que arrancou a pel en vida para curar o cancro de pel dunha muller adiñeirada...
- Unha pequena presentación do PROXECTO "POETA AVELINO DÍAZ".