A través desta liña do proxecto búscase a implicación de representantes de todas as artes para que contemplen a figura de Avelino nas súas obras. Entre outras accións, un dos obxectivos a longo prazo é conseguir a rehabilitación da casa onde Avelino viviu na Pena – Meira durante a súa nenez. Por outra parte, a Asociación Cultural “Avelino Díaz” é depositaria xa practicamente desde o primeiro momento e co apoio da Deputación de Lugo, da escultura que creou Manolo Pardo con Avelino como protagonista. Manolo Pardo é un escultor nacido en Seoane dos Vaos, residente en Meira, e ocupa na actualidade unha das vogalías da Xunta Directiva da Asociación.
Globalmente, contémplanse accións nos campos de:
• A pintura.
• A escultura.
• A arquitectura.
• A música (véxase a pestana de Música e Imaxe neste mesmo sitio web).
• A literatura.
• O cine.
• ...
Globalmente, contémplanse accións nos campos de:
• A pintura.
• A escultura.
• A arquitectura.
• A música (véxase a pestana de Música e Imaxe neste mesmo sitio web).
• A literatura.
• O cine.
• ...