Poeta Avelino Díaz
AC "Avelino Díaz"
  • Inicio
    • Axenda
  • Avelino Díaz
    • A vida
    • A obra >
      • Debezos
      • Pallaregas
      • Flor de retama
      • 11 poemas a Castelao
      • 14 poemas
      • Obra dispersa
      • Avelino xornalista
      • Obra sobre Avelino
  • Áreas de actuación
    • Área educativa e cultural
    • Música e imaxe
    • Accións académicas
    • Accións institucionais
    • Dinámica asociativa
    • Área arquitectónica e artística
  • Mediateca
  • Quen somos
    • Asociación Cultural 'Avelino Díaz'
    • Actividade interna >
      • Convocatoria de reunións
      • Actas

Debezos

10/29/2014

0 Comments

 
Trátase, de regra, do primeiro libro de poesía galega importante da posguerra. O libro, no seu remate, informa de que “Se terminó de imprimir el día 4 de julio de 1947 en la imprenta José Rosenbaum, Gral. Urquiza 42, Buenos Aires.” Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, aparece datado o 24 de xullo de 1947, vinte días despois. Utilizando a imprecisa terminoloxía de Carballo Calero[1], Debezos é, pois, o primeiro libro de poesía galega importante da posguerra.
 
Os sesenta e tres poemas que conforman o volume, aparecen agrupados en tres partes. A primeira, que o poeta titula “Terra a Nosa”, consta de trinta e dous poemas monotemáticos sobre Galicia que reflicten o profundo amor, a señardade, a morriña…, e por encima de todo, o compromiso que Avelino sentía pola súa Terra. Nesta parte, combínanse poemas de lírica intimista, tales como “Galicia” e “Miña Patria”, que amosan os sentimentos que lle producen as lembranzas dos anos de nenez e xuventude vividos na Terra, con outros de enérxica denuncia da inxustiza que padecía Galicia, así como un claro chamamento á rebeldía e á loita contra ela; “Érguete pobo”, “A loita”, “Caciques”… son exemplos desta temática. A dor e a desventura da emigración están presentes en poemas, como “Nai chorosa” ou “Angustias”. A saudade e a morriña, que debeu acompañalo toda a vida, reflíctense en títulos como “Anduriñas”, “As xestas”… Tamén dedica dous poemas a loar as figuras lendarias do mariscal Pardo de Cela e dos heroes de Carral.
 
A segunda parte é unha colección de vinte e un poemas reunidos baixo o título de “Íntimas”, de temática variada, que deixan ver un eu poético á imaxe de Avelino, home sinxelo e humilde, que valora por enriba de todo a liberdade, a dignidade, o amor e o agarimo familiar.
 
Finalmente, a terceira parte consta de trece poemas agrupados, baixo o título de “Recanto nativo”, nos que o autor lembra e gaba a Terra que o viu nacer. Títulos como “Meira”, “Río Miño” ou “Serra de Meira” son algúns exemplos.


[1] Vid. CARBALLO CALERO, R. (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia (p. 744).



MEDO

Tiven polo mundo adiante
muito medo a me perder
e, cando me tope en Meira,
non teréi medo a morrer


0 Comments
    Picture

    "Adicatoria"

    dedicatoria_debezos.png
    File Size: 35 kb
    File Type: png
    Download File


    Por que Debezos é o primeiro grande poemario da posguerra?

    debezos_argumentación.pdf
    File Size: 72 kb
    File Type: pdf
    Download File


    "Triadas da outa serra" en Céltiga

    celtiga_157-158_triadas.pdf
    File Size: 150 kb
    File Type: pdf
    Download File


    "Caciques"

    (Fragmento)
    caciques.png
    File Size: 82 kb
    File Type: png
    Download File

Powered by Create your own unique website with customizable templates.