As asociacións e os colectivos de base –de Riotorto e Meira, pero tamén doutros lugares– constitúen a verdadeira columna vertebral da Asociación Cultural “Avelino Díaz” e do proxecto de divulgación da vida e da obra do autor. O proxecto naceu, precisamente, porque asociacións culturais, de xubilados, musicais, relixiosas, de pais e nais, pedagóxicas... decidiron unir os seus esforzos baixo un obxectivo común, a desenvolver de xeito paralelo ás actividades ordinarias de cada un dos colectivos.
Na pestana “Quen somos” deste mesmo sitio web pode accederse a unha relación das asociacións e colectivos que apoian o proxecto arredor de Avelino Díaz. No campo asociativo, precisamente, contémplanse, entre outras, as seguintes iniciativas:
• Protagonismo do autor nas actividades ordinarias das asociacións e colectivos.
• Presenza de Avelino en festas e actos públicos e, en xeral, visibilación pública da súa figura.
• Recuperación da memoria viva, e colectiva, sobre Avelino.
• Construción dun stand para asegurar a presenza de Avelino nas feiras e noutros eventos públicos.
• Concepción da “Noite de Avelino” e doutros eventos festivos sobre o autor.
• Promoción da adhesión institucional á candidatura de Avelino por parte das asociacións e colectivos de base.
• Iniciativas tales como concursos de tapas e semellantes, panos de mesa con poemas de Avelino...
• ...